Os alumnos de 3º de Primaria leron "Orión e os animais máxicos" durante a hora de ler e fixeron unha ficha de lectura do libro.
Un ano máis chega o fin de trimestre, as ansiadas vacacións e o Nadal.
Como anos anteriores a mañá foi de moito traballo para todos.
Os primeiros que fixeron a súa aparición no ximnasio, debidamente decorado, foron os nosos Reis Magos especiais, os alumnos de 4º de ESO que este ano acaban a súa etapa de formación no cole, despois de empezar en Infantil, continuar en Primaria e acabar este curso 4º de ESO. Tanto os que fan de Reis como de paxes, esperan este día con ilusión, preparando todo e non deixando nada ao azar para que os máis pequenos se acerquen a eles e reciban un pequeno agasallo logo de deixar a carta cos seus desexos no buzón real.

E xa temos portas, e por tanto clases gañadoras no noso concurso de Nadal.
Os que máis decoraron a súa porta foron.........
Infantil
Aquí tendes as recomendacións lectoras para este Nadal.
Podedes pedirlle a Papá Noel ou a os Reis Magos os libros que vos gusten.
Que o Nadal é unha época máxica sabémolo todos pero a maxia do Nadal non se limita ás luces brillantes ou aos regalos debaixo da árbore, senón que radica na alegría de dar, a calidez das relacións e a esperanza dun futuro cheo de amor.
E hoxe no colexio quixemos facer un pouco de maxia antes das merecidas vacacións de Nadal e veu visitarnos o mago Martín Camiña que mostrou o seu espectáculo para todos os alumnos divididos en tres sesións.