Nova andaina
Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.
sábado, 27 de febrero de 2016
jueves, 25 de febrero de 2016
CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA NO CPI DE PONTECESURES
Agradecemos
dende o ENDL e a Biblioteca do CPI de Pontecesures a entusiasta acollida por
parte do profesorado e o alumnado de todos os niveis das actividades para
festexar este evento en honor á nosa universal escritora.
Aquí
vos deixamos vídeos e fotos do día:
Para
comezar, escoitade ao alumnado de 5 anos de E. infantil cantando "Adiós
ríos, adiós fontes":
O
alumnado de 4 anos, disponse espontaneamente a recitar os versos de Cantares
gallegos sobre os que deseñaron a súa postal:
E
velaquí unhas fotos e debuxos do traballo realizado este día nos distintos
niveis educativos:
Aquí
tedes a ligazón das actividades deste día noutros centros de ensino de Galicia:
Actividades do día de Rosalía
miércoles, 24 de febrero de 2016
Actividades do día de Rosalía
A
Asociación de Escritores en Lingua Galega propón a celebración do 24 de
febreiro, coincidindo co aniversario do nacemento da nosa universal escritora,
como Día de Rosalía de Castro. Esta entidade proponlle á cidadanía que agasalle
un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contaron con grande
aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector
educativo.
Dende
o noso centro sumámonos á celebración, conscientes da importancia simbólica
para a nosa lingua e cultura que un acto deste tipo ten.
Xa
hai días que o alumnado de E. infantil e primaria está traballando nas aulas de
plástica, elaborando deseños coa imaxe da escritora, que incorporarán a unha
postal que enviarán ás súas familias o día 24. No documento inclúense estes
versos de Cantares gallegos:
Canta,
paxariño alegre,
canta!
Canta
porque o millo medre,
canta!
Canta
porque a luz te escoite,
canta!
Canta
que fuxeu a noite.
En
E. secundaria propoñémosvos que no 2º recreo do mércores 24 de febreiro, os/as
que queirades participar, vos situedes na entrada do edificio de primaria e
secundaria, diante do graffiti das vacas, e enviedes un verso de Rosalía desde
os terminais móbiles, baixo a etiqueta #mobilizarosalía. O verso, do poema IV
de Cantares gallegos (parte da estrofa 13) é o seguinte:
Trocando
en sonrisas / queixiñas e choros
Enviarase
a través das redes sociais, en calquera das súas múltiples aplicacións e
formatos, acompañado, se pode ser, dunha imaxe alusiva a Rosalía.
Agardamos
que a celebración sexa un éxito.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)