Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

miércoles, 27 de abril de 2022

Visita de Pere Tobaruela

Hoxe  o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria recibiron a visita do escritor Pere Tobaruela, para falarlles do seu libro "Formig4s. Misión Rosalía" e explicar o  proceso de escritura dun libro. Resultou emocionante coñecer a quen escribíu a historia que os mantivera espectantes durante días, descubrir como se poden crear as historias, onde se cocen as ideas,...

Rematou  a sesión con unha firma de libros.

 







domingo, 24 de abril de 2022

viernes, 22 de abril de 2022

Día do libro

 Celebramos o día do libro cunha exposición no corredor principal na que colaboraron os alumnos de 4º de ESO




E con libros feitos polos alumnos de Plástica.


miércoles, 6 de abril de 2022

Saaabor!!!!

 O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares tróuxonos unha actividade coa colaboración de  A fundación Abanca, para todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.

Cultura Activa trouxónos Saaabor!, un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os nosos protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos.






lunes, 4 de abril de 2022

Superpreguiceiro

O alumnado de 1º de Educación Primaria ven de representar unha adaptación teatral dunha historia titulada "Superpreguiceiro" creada por un alumno de 3º, Xenaro, o curso pasado.


Ademais, para amosarnos a súa destreza coa Lingua de Signos, decidiron facer tamén accesibe esta obra para persoas xordas.