Nova andaina
miércoles, 30 de noviembre de 2022
3º ESO canta
sábado, 26 de noviembre de 2022
Charlas do plan director
Os alumnos de 6º de Primaria e 1º de ESO asitiron onte a unha das charlas programadas para eles dentro do Plan Director de Centro.
viernes, 25 de noviembre de 2022
25 de Novembro
Celebramos o día contra a violencia machista con diversos actos:
As alumnas de 4º de ESO realizaron o cartel conmemorativo do día
Hoxe 25 de novembro, as alumnas e alumnos do CPI de Pontecesures reunímonos para declarar o noso espazo de traballo, as nosas aulas e o noso centro como:
"ESPAZO LIBRE DE MACHISMO"
As nenas e nenos deste cole comprometémonos a:
- Tratar a todas as nenas e nenos por igual sen discriminar a ninguén por causa do seu sexo.
- Estaremos atentas e atentos e contaremos á nosa titora ou titor calquera trato desigual que poida sufrir algunha das nosas compañeiras por causa do machismo e trataremos de darlle unha resposta entre todas e todos.
- Comprometémonos a axudar na casa para que as tarefas do fogar sexan compartidas por todas as persoas que viven nelas.
- Denunciaremos calquera actitude machista que vexamos no noso cole e tamén avisaremos á nosa titora ou titor.
Por todo isto, e porque queremos ESTUDAR nun ambiente onde se cumpra a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, na que se di que todas as persoas temos os mesmos dereitos e liberdades sen distinción algunha de sexo, declaramos a nosa escola:
ESPAZO LIBRE DE MACHISMO
Os alumnos de Secundaria tamén leron o seu manifesto:
Tamén nós nos comprometemos, deste xeito, a estar atentas e atentos para garantir os dereitos e liberdades das compañeiras e compañeiros que formamos parte deste centro.
Nomeadamente, a partir de hoxe, denunciaremos calquera situación de trato desigual ou vexatorio que poidan sufrir as nosas compañeiras, facéndollo saber á nosa titora ou titor. Do mesmo xeito non toleraremos ningunha actitude machista na nosa aula e trataremos de dar unha resposta conxunta para eliminar calquera tipo de comportamento machista no noso centro.
Dende a nosa xuventude e ilusión queremos aportar a nosa forza e motivación para construir unha sociedade onde non haxa diferenzas entre homes e mulleres.
Por todo isto, e porque queremos ESTUDAR nun ambiente onde se cumpra a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, na que se expón, no seu artigo 2, que todas as persoas temos os mesmos dereitos e liberdades sen distinción algunha de sexo, declaramos oficialmente as nosas aulas e o noso centro
ESPAZO LIBRE DE MACHISMO
jueves, 24 de noviembre de 2022
Las tres mariposas
Visita de María Pérez
María Pérez, integrante do grupo Fillas de Cassandra tivo un encontro co alumnado de 4º e 5º de Primaria na Biblioteca
Os alumnos tiveron a oportunidade de entrevistala e conversar con ela sobre a súa traxectoria como músicae o tema 'Lisístrata', traballado nas aulas de múica de Primaria con motivo do 25N.
Finalmente, María puido ver a coreografía que os nenos e nenas de 5° tiñan preparada para o día seguinte, no que actuaron trala lectura do manifesto do Día para a Eliminación da Violencia contra a Muller.
martes, 22 de noviembre de 2022
Teatro en Santiago
Os alumnos de 1º e 2º de ESO foron ao teatro ao Colexio de La Salle a ver "El asesinato del profesor de matemáticas" acompañados por profesores do centro.
Tiveron unha mañá entretida.
sábado, 19 de noviembre de 2022
Curso novo....reformas...
Este ano temos un novo equipo de biblioteca e estamos dándolle unha pequena volta ás cousas.
Hai que cambiar, ordenar, expurgar, recolocar.....e incluso pintar, si, si, pintar....xa veredes os cambios pero pouco a pouco que hai pouco tempo e moito traballo.
Hai que dar as gracias a todos os alumnos que de xeito voluntario están colaborando.
viernes, 18 de noviembre de 2022
Agresión Off
Dende o Concello de Pontecesures ofertáronnos a actividade Agresión Off, organizadas por Puntos Violeta da Xunta.
Dado que é un tema que nos interesa moito a actividade foi dirixida a todo o alumnado do centro e desenvolveuse no pavillón ao longo de toda a mañá con uns horarios axeitados a cada grupo.
miércoles, 16 de noviembre de 2022
Palabras que veñen e van
Este ano o lema do noso proxecto de biblioteca é Palabras que veñen e van.
E como queremos que veñan e vaian, que vaian e veñan ......empezamos co grupo de 2º de Primaria que teñen relación con dous colexios, un da Illa de Arousa e outro de Catoira.
E aí os tendes mirando a correspondencia que lles chegou esta semana de Catoira.
Que haberá?
lunes, 14 de noviembre de 2022
Charlas do Plan Director 2022
domingo, 13 de noviembre de 2022
Encontros de bibliotecas escolares
Onte asistimos ás Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia que se celebrou durante toda a xornada no Pazo de Congresos.
Xornada interesantísima na que puidemos aprender do que están facendo os compañeiros de outras bibliotecas ou de charlas como a de Piu Martínez o a de clausura de Gonzalo Moure.
sábado, 12 de noviembre de 2022
Visita ao Museo de Pontevedra
O xoves 10 de novembro, o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria, realizou unha visita ao Museo de Pontevedra, dentro do programa "Coñece o Museo" promovido e subvencionado pola Deputación Provincial.
Cada grupo tivo unha proposta diferente.
1º ...."Vou ao museo"
2º ...."Mira que te miro"
3º...."Detectives da arte"
Foi unha mañá diferente, educativa, enriquecedora e moi divertida.
Disfrutaron e aprenderon sobre as emocións nos cadros, nos retratos, o uso de trampantojos por parte dos artistas, a combinación de distintos tipos de materiais, o uso das cores, asociación de música e arte, o que intentaban expresar os artistas,....
Unha mañá diferente e moi productiva e esperemos que non sexa a última.
miércoles, 9 de noviembre de 2022
Magosto
Celebramos o magosto no centro coma todos os anos, con castañas asadas, refráns, adiviñas, ditos populares, recitado de poesías e xogos, moitos xogos.
O tempo acompañou e a diversión non faltou.