Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

viernes, 30 de septiembre de 2022

A orquesta de camarote


Os alumnos de 1º e 2º de Primaria foron á Biblioteca municipal para desfrutar coa historia musicalizada da Orquesta do Camarote. O príncipe Lorenzo xogaba no seu pazo cando atopou unha caixa musical e quedou abraiado. O pazo do príncipe atopábase baixo a influencia  do Imperium Panoramium, e alí só se escoitaban ritmos traídos do outro lado do Atlántico.
Coas viaxes da Orquesta de Camarote, farase un percorrido por distintos lugares do mundo e acompañarase de músicas recoñecidas.



















jueves, 29 de septiembre de 2022

O museo en camiño

 Por un día, a Biblioteca do centro convertíuse nun Museo. 

Baixo o lema "O MUSEO EN CAMIÑO", grazas ó Museo Provincial de Pontevedra, o noso centro resultou agasallado con esta proposta cultural, para darlle a coñecer aos máis pequenos, de 1º e 2º de Primaria, algunhas das obras que se atopan no Museo, vinculadas a distintos Concellos polos que percorre o Camiño Portugués, como por exemplo, o tesouro de Caldas de Reis, o Deus Xano, un Miliario, cadros de Castelao, Seoane,...


Despois chegaron ás aulas e seguiron investigando e ampliando a información sobre as obras que viran consultando os folletos que lles deixaran e fixeron os seus debuxos no seu caderno.





miércoles, 28 de septiembre de 2022

Encontro con persoas con Alzheimer

Tivemos un encontro interxeracional, entre  persoas con Alzheimer, que viñan en compaña de persoal da  Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Alzheimer - AGADEA- e o alumnado de 6º de Primaria

Esta Asociación está a realizar a ruta Marítima do Mar de Arousa cara Santiago, e van visitando os distintos Concellos desta ruta e compartindo experiencias. Hoxe, foi o alumnado do noso centro o afortunado de coñecer e compartir con eles varias actividades.