Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

martes, 21 de octubre de 2014

Este ano xa que o cartel de bibliotecas escolares está adicado ás matemáticas, “BIBLIOTECA ESCOLAR …..MATEMÁTICO!!!” no cole imos adicar o día da biblioteca tamén ás matemáticas.

Para empezar......

Un matemático cerca....................

José Rodríguez González, O matemático do Bermés


viernes, 10 de octubre de 2014


2º CERTAME DE RELATOS DE TERROR





 
De novo, convocamos dende  O Equipo de Biblioteca e o ENDL  do CPI de Pontecesures unha nova edición do concurso de relatos de terror co gallo do Samaín. O cartel que anunciará o certame foi elaborado pola alumna de 3º de ESO Raquel Estévez Brea, a quen aproveitamos para darlle a noraboa. Expoñemos as bases a continuación e animámosvos a todos/as a que participedes nalgunha das súas modalidades.
 
 
BASES DO CONCURSO
 
1.       Os relatos, orixinais e inéditos, serán redactados en lingua galega.

2.       A temática xirará arredor de historias de misterio e terror.

3.       Haberá seis categorías con cadanseu premio:

·         Infantil

·         1º ciclo

·         2º ciclo

·         3º ciclo

·         ESO

·         Modalidade de participación audiovisual, cunha curtametraxe gravada nun máximo de cinco minutos.

4.       A participación de infantil e 1º ciclo de primaria poderá ser cun relato breve ou a través de narracións baseadas en debuxos que incorporen algunha palabra ou texto breve en galego. Nos demais niveis os textos terán unha extensión máxima de catro folios por unha cara, manuscritos ou mecanografados.

5.       Cada titor/a de infantil e primaria e o profesor de lingua galega de ESO seleccionarán os tres mellores traballos de cada aula e entregaranllos ao coordinador do ENDL antes do 24 de outubro.O

6.       xurado do certame estará integrado por profesorado colaborador do ENDL e da Biblioteca.

7.       O fallo do xurado farase público a través do blog do equipo (www.blogoteca.com/trasnoparoleiro) e o blog da Biblioteca (bibliocesures.blogspot.com) o día 30 de outubro.

8.       A entrega de premios terá lugar en cadanseu acto na biblioteca do centro nun recreo de primaria e noutro de secundaria ao que poderán acudir todos os participantes.

9.       A participación neste concurso implica o consentimento do/a autor/a para a divulgación da obra presentada nos blogs de normalización e da biblioteca, así como na revista escolar O voceiro do Piñeiro manso.

10.   A participación neste certame implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.