Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

jueves, 30 de junio de 2022

Fin de curso

 O 22 de xuño foi unha data moi buliciosa, con moita algarabía, batifondo e moi moi emotiva. Por moitas razóns, fin de curso, significa moitas cousas, non só a chegada das tan desexadas vacacións, senón a consecución ou non dos obxectivos (as notas), a festa cós compañeiros e compañeiras, as despedidas, de compañeiros/as que se van, de mestras e mestres que rematan ciclo, ou que se van do centro, por concurso ou por xubilación, os que viñeron substituíndo,...

Por todo o dito e máis, o noso centro neste día estivo cheo de emocións. Ledicia e tristura, revoaban entre nós, coma bolboretas que ían dun xardín florido a un inhóspito deserto.





 Felices vacacións e vémonos en setembro.

viernes, 24 de junio de 2022

Imprimir mapas en 3D

Imprimir mapas 3D  de calquer parte do mundo a partires de google maps é moi doado, solo precisas ter unha impresora 3D. Os alumn@s de TIC de 4º da ESO do CPI Pontecesures explican de forma sinxela todo o  proceso, desde a descarga das aplicacións e  programas necesarios (Touchterrain, Ultimaker Cura) ata a impresión final nunha impresora Leon 3D .

O vídeo forma parte da sección de Obradoiro da Paisaxe,  do proxecto Lendo cos pés do Plan Proxecta de Paisaxe e Sustentabilidade 2021/2022



jueves, 23 de junio de 2022

Graduación de 4º ESO

Un ano mais tivemos a graduación dos nosos alumnos de 4º de ESO. Despois de tantos anos temos que deixalos voar sós e despedímonos deles da mellor maneira e desexándolle toda a sorte.












Este é o noso pequeno recordo do seu paso polo colexio....



miércoles, 22 de junio de 2022

Telegramas en cuarentena



A profesor de Educación Física acaba de sacar o seu primeiro libro de poemas.

Telegramas en cuarentena é o resultado de dous meses de encerro durante a pandemia de covid-19. Reflexan o día a día da autora nunha experiencia compartida por medio planeta  que pasará á historia do século XX como o momento no que o mundo se parou para sobrevivir.  Un momento que sirveu para mirar cara o  noso interior e descubrirnos a nós mesmos, no que aprendemos a escoitarnos, tal vez a querernos e, finalmente, volver ao mundo cunha mirada nova.






 

martes, 21 de junio de 2022

Día da música

 Hoxe, día da música, o departamento de música en colaboración co de castelán en francés, fixeron uns vídeos de música e poesía.

Agarcamos que vos goste.

Romance de la Luna  

Aérienne coa música de Amélie

sábado, 18 de junio de 2022

La aventura de la selva

Después de un intenso trabajo, Aroa y Ainara de 3º de Primaria, estrenan "La aventura de la selva", una obra de teatro en la que han inventado y escrito el texto, dibujado y coloreado los personajes, y representado con mucho arte y estilo.

Esperamos que la disfruteis tanto como lo hicieron las alumnas y alumnos de Educación Infantil así como otros compañeros y compañeras de estas grandes artistas.



Uxía de Momboi por Sofía

Tedes que escoitar a Sofía.......leva a música no sangue


viernes, 17 de junio de 2022

Primaria fala francés

O alumnado de 6º de Educación Primaria fai as súas presentacións en francés. Vaia nivel teñen estas rapazas e rapaces!

O alumnado de 4º de Primaria cóntanos cales son os seus animais preferidos.



miércoles, 8 de junio de 2022

Contacontos de Paco Nogueira

Os nenos de Infantil, 1º e 2º de Primaria asistiron na bibioteca ao espectáculo literario/musical que lles mostrou Paco Nogueiras









Visita de Paco Nogueiras






Visita a Santiago

Os alumnos de 2º e 3º de ESO foron de visita cultural a Santiago coas profesoras de Xeografía e Historia e o profesor de Música.

Tiveron unha actividade musical no Museo do Pobo Galego con música tradicional e un roteiro artístico para ver o Santiago medieval e barroco.

Visita a Santiago

lunes, 6 de junio de 2022

Exploramos o universo en 6º de Primaria

Os alumnos de 6º de Primaria Exploraron o universo como traballo para o proxecto de biblioteca

Liña Temporal: A Idade Media en España

O alumnado de 5º de Primaria elaborou, como traballo conxunto do tema “A Idade Media”, un mural onde se reflexan os feitos máis relevantes desta etapa da historia en España.

Liña Temporal: A Idade Media en España

domingo, 5 de junio de 2022

As Historias da historia en 2º ESO

 Os alumnos de 2º de ESO fixeron a maqueta de unha mesquita, unha catedral gótica, unha románica e unha cidade medieval. 

WhatsApp Video 2022-06-03 at 12.59.58 PM (1)

Na clase de música interpretaron Santa María. Strela do Día de Alfonso X "O Sabio".00



5 / 1:

sábado, 4 de junio de 2022

viernes, 3 de junio de 2022

Exposición de casas autosostenibles

Os alumnos de 2º de ESO elaboraron maquetas de casas autosostenibles e fixeron a exposición das mesmas na biblioteca para que o resto do alumnado poida ir a velas.

Tamén fixeron a maqueta de unha mesquita, unha catedral gótica, unha románica e unha cidade medieval

Casas autosostenibles

jueves, 2 de junio de 2022

Recomendacións lectoras para disfrutar no verán

Aquí tendes as propostas de lectura para que disfrutedes no verán. Hainas en galego e en castelán e podedes collelas en empréstito na biblioteca municipal de Pontecesures.