Chegou o Nadal ao cole e chegou a decoración navideña, os paxes, o festival......
Nova andaina
jueves, 22 de diciembre de 2022
Nadal 2022
miércoles, 21 de diciembre de 2022
Actividades compartidas
Este curso, continuamos compartindo....
experimentosrecitado de poemas
contacontos
teatro
Así, o alumnado de 1º foi á Infantil e a aula de 2º a contarlles o conto "Unha vella e un vello" de Neves Estévez e Pepe Carreiro.
O alumnado da área de Valores de 2º, preparou unha peza de teatro e representáronna para o alumnado de Infantil, 1º e os seus compañeiros de clase.
Na obra puideron ver como todos podemos facer cousas, aínda que nos parezan difíciles, que non debemos facer caso ante as críticas negativas ou burlas dos demáis, hai que seguir adiante xa que todos levamos un ser valente dentro.
martes, 20 de diciembre de 2022
Recibimos postais do alumnado de Catoira
Nadal é tempo de compartir, de emocións, sobre todo, e ledicia. Coma a que nos provocou a chegada de postais do alumnado de 2º de Primaria do CPI Progreso de Catoira, correspondendo así ás que lles enviaran a semana pasada os de Pontecesures.
Bo traballo rapaces e rapazas!
Entre todos lograremos que o galego permaneza vivo, rebulindo entre nós, levando nos beizos os mellores desexos, da maneira máis tenra e fermosa, en formato postal creada e realizada coas vosas propias mans, coa vosa letra, coa vosa voz, coas vosas emocións.
Parabéns para tod@s e graciñas.
Cantos de Nadal
O alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria tivo unha charla-obradoiro musical sobre cantos de Nadal por parte da Asociación Cultural Algueirada.
Coñeceron instrumentos como a gaita, o acordeón, o tambor,...así como as panxoliñas propias deste tempo de Nadal, tradicionais da nosa terra:
os Nadais do 24 de decembroas rondas do 25 ao 30 de decembro
aninovos e aguinaldos
manueles
xaneiras
cantos de reis
Tamén escoitaron e viron unha danza de Reis, que representaron Lara e Paula.
O noso agradecemento aos compoñentes de Algueirada polo seu bo facer con esta proposta e por manter viva a nosa tradición.
jueves, 15 de diciembre de 2022
martes, 13 de diciembre de 2022
Postais de Nadal para Catoira e a Illa
Dentro do proxecto " PALABRAS QUE VEÑEN E VAN" nas postais de Nadal tamén van fermosas palabras en galego para felicitar estas festas e o vindeiro ano 2023, ós colegas de Catoira e da Illa de Arousa.
As nosas postais chegaron a Catoira
Queremos aproveitar estas fermosas imaxes para felicitar a toda a comunidade educativa do noso centro, alumnado, profesorado, persoal non docente (administrativa, conserxe, limpadoras), familias e veciños e veciñas do noso Concello, porque todos forman parte do plan educativo das futuras xeracións, actual alumnado do centro.
que o vindeiro ano 2023 veña cargado de SAÚDE, PAZ, PROSPERIDADE e MOITO AMOR e que o poidamos compartir cós nosos seres queridos
sábado, 10 de diciembre de 2022
Palabras que veñen e van
Baixo o título " PALABRAS QUE VEÑEN E VAN" agóchase o proxecto da Biblioteca do centro este curso e os diferentes grupos realizan propostas arredor desta liña de traballo.
Este proxecto, é ideal para desenvolver o obxectivo que figura no Proxecto lingüístico de centro: Vincular o galego a outras manifestacións culturais que forman parte da identidade dos galegos, lembrando o seu valor como legado cultural de todas as xeracións que nos precederon e como vestixio vivo da diversidade de pobos que conformaron a nosa idiosincrasia colectiva.
No mes de outubro comenzou a aula de 2º ("a clase das piruletas") a facer actividades con moita ilusión, por exemplo:
Compartir / intercambiar propostas “ Palabras que veñen e van”, entre as distintas clases do centro e con outros centros da contorna ( CEIP Torre- Illa de Arousa e CPI Progreso- Catoira). Por ex: Palabras encadeadas, contos enlazados, as palabras máis fermosas...
Para levar a cabo esta proposta intercentros, usaránse distintos medios de comunicación: carta/ correo postal, correo electrónico, whatsapp, videochamadas e por suposto, os blogs dos distintos centros.
Comenzaron escribindo unha carta para ámbalas dúas aulas de 2º dos centros implicados neste proxecto, enviando no mesmo sobre a 1ª palabra da cadea. Despois foron recibindo as cartas coas segundas palabras, e así seguirán ata facer unha cadea de alomenos 20 palabras.
miércoles, 7 de diciembre de 2022
O bosque desencantado
No día de hoxe, o alumnado de 3º e 4º de Primaria, puido gozar na biblioteca coas aventuras de dous seres máxicos, Terra e Auga, coa obra "O bosque desencantado", da man de dúas actrices do grupo "PEGADAS CULTURAIS"
Terra e Auga embarcaron ós rapaces nunha aventura a través da cal foron coñecendo conceptos como os cortalumes naturais, as especies invasoras e autóctonas de Galicia (tanto de flora como de fauna)... Durante a obra o alumnado formou parte activa da aventura recoñecendo os distintos elementos, resolvendo misterios-problemas que acontecen no bosque, recollendo o lixo do río, etc...
A proposta foilles amena, divertida, e sobre todo, provocou neles unha mellor concienciación sobre os problemas que nos lle podemos provocar á natureza e a importancia que ten esta para nós.