Un ano máis, o EDLG e a Biblioteca do CPI de Pontecesures anímanvos a que
compartades as historias máis fascinantes que se vos ocorran a través da
participación neste concurso arredor da celebración do Samaín, unha antiga
tradición que conmemora a visita dos mortos ao mundo dos vivos na noite do 31
de outubro, data de comezo do aninovo celta.
As bases que rexerán o concurso son as seguintes:
1. Os relatos orais ou escritos, cómics
e debuxos , serán orixinais e inéditos, estarán en lingua galega.
2. Temática: “O Samaín é o fío conductor
e o límite a túa imaxinación.”
3. Haberá premios por categorías:
- Arte: Debuxo e cómic.
- Lingua: Relato oral e/ou escrito.
4. Os traballos serán individuais,
deberán levar nome e curso do autor.
5. Os relatos e cómics terán unha
extensión máxima de catro folios por unha cara, manuscritos ou mecanografados.
Na modalidade de relato oral, a gravación terá unha duración mínima de 2
minutos e un máximo 3.
Os debuxos deben levar o lema “ Samaín medo sen fin”
6. Cada titor/a de infantil e primaria e
o profesorado de Lingua Galega e de Plástica da ESO seleccionará o mellor
traballo de cada aula e entregarallos á coordinadora do EDLG antes do
venres 23 de outubro.
7. O xurado do certame estará integrado
por profesorado colaborador do EDLG e da Biblioteca.
8. O fallo do xurado farase
público a traves do blog de Dinamización da Lingua Galega e da Biblioteca. O
venres 30 de outubro, os membros do equipo farán entrega dos
premios aos gañadores.
9. A participación neste concurso
implica o consentimento do/a autor/a para a divulgación da obra presentada nos
blogs do EDLG, https://trasnoparoleiro.blogspot.com e da
biblioteca http://bibliocesures.blogspot.com.
10. A participación neste certame implica a aceptación de todas
e cada unha das normas contidas nas presentes bases.
AGARDAMOS POLAS CREACIÓNS DE TODO O ALUMNADO DO NOSO CENTRO.
SABEMOS QUE SODES UNS FANTÁSTICXS ARTISTAS E FABULOSXS
CONTADORXS DE HISTORIAS!