Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

domingo, 26 de enero de 2020

Ula Lúa?


Este luns o grupo teatral A ventana do maxín estivo ni biblioteca do noso centro coa representación do conto Ula Lúa?.
Establecérnose 2 sesións unha para Infantil, 1º e 2º de Primaria e outra para 3º, 4º, 5º e 6º.


Ula Lúa?

sábado, 25 de enero de 2020

Teatro en inglés


UNBOXING ALICE é o título da obra teatral que o 3º ciclo de Educación Primaria puido gozar no Auditorio Abanca de Pontevedra o pasado venres 24 de xaneiro. A obra mesturou escenas do conto tradicional con outras máis actuais onde Youtube e os videoxogos tiñan unha gran presenza; e todo isto cun alumnado ben atento para non perder detalle pois...vimos a obra en inglés!
Quedou ben claro que o noso alumnado está totalmente inmerso nun mundo globalizado, demostrando así que non so desfrutan da cultura nas nosas linguas nais senon que saben adaptarse a calquera situación. E como mostra cabe destacar a participación como actores de dous dos nosos: Leire e Guido!

Obra de teatro Unboxing Alice

viernes, 24 de enero de 2020

Robótica


Hoxe tivemos unha actividade de iniciación á robótica para 2º de Primaria impartida polo coordinador do Centro de Robótica de Galicia.









sábado, 18 de enero de 2020

Plan director


Un ano máis, o centro ven de participar nas charlas do Plan Director, unha actividade deseñada para traballar a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, e que imparte a Garda Civil.
Nesta ocasión, os venres 10 e 17 de xaneiro, o alumnado do centro asistiu aos seguintes relatorios:
5º de Educación PrimariaAcoso Escolar
6º de E.P. e 1º da ESODrogas e Alcol
2º, 3º e 4º da ESO: Violencia de Xénero
Todas estas temáticas teñen incidencia no día a día do noso alumnado, directa ou indirectamente, e é preciso dotalos da maior información posible, para que así poidan afrontar calquera situación que se lles presente.
Charla Plan Director