Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

martes, 22 de junio de 2021

Contacontos para despedir o curso

Dentro destes 3 grandes libros, sen títulos, estaban agochadas tres grandes historias, unha fábula, un conto de estructura encadenada e unha de piratas. Pero, as letras, non estaban. As ilustracións, non estaban. Pero, as personaxes saían dos contos e cobraban vida grazas á contacontos Celtia. 


Estes tres grandes libros agasallaron aos pequechos do noso centro ( Infantil, 1º e 2º) coas súas fantásticas aventuras.




Un final feliz!!!

E chegou a despedida de 4º de ESO. Toda unha vida no colexio e agora empezan unha nova etapa.

Felicidades a todos.


Chao, Chao, Chao...

 O alumnado de 5 anos quixo despedir o curso como se merece, cantando á porta do que foi a súa segunda casa durante os últimos 3 cursos. Teñen moitas gañas de comezar a súa nova aventura no cole dos maiores... pero antes... imos de vacacións!



lunes, 21 de junio de 2021

Teatro no Cpi Pontecesures

 A pesar de todas as restriccións que a pandemia do COVID trouxo ao noso centro, o alumnado non quería abandoar as boas costumes. O teatro forma parte da vida do noso alumnado, e inda que moitas veces facemos as función de espectadores nesta ocasión tocounos ser protagonistas e agasallar ao resto das clases co noso traballo. 

Ábrese o telón






Sexto canta "L´Oiseau Et l´Enfant"

 Despois dun curso aprendendo un novo idioma, que mellor forma de celebralo que a través da música. É por iso que o alumnado de Sexto de Educación Primaria ofreceunos unha actuación na que cantaron "L´Oiseau Et l´Enfant" cun coro moi especial: os rapaces e rapazas de 1º de Primaria!

Esperamos que o vos guste!



domingo, 20 de junio de 2021

A xoia lendaria de Pontecesures

 A idea deste libro xurdiu despois dun inusual ano de clase, como medida para fomentar a imaxinación e a creatividade do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

Para levar a cabo este reto foi precisa a colaboración dos titores e o esforzo e o traballo do alumnado do terceiro ciclo de primaria.

Sen máis, espero que desfrutedes moito da lectura deste bestiario.


miércoles, 16 de junio de 2021

5º e 6º van a piragüismo

 Como ven sendo habitual no último trimestre, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria acode en dúas xornadas ao Club Náutico de Pontecesures para experimentar cun dos deportes acuáticos que máis sona ten na comarca: o piragüismo.

Polas súas verbas e facianas vese que este deporte seguirá a ter grandes siareiros nesta zona.



sábado, 12 de junio de 2021

5º e 6º fan surf na Lanzada

 Os días 10 e 11 de xuño, o alumnado de 5º e 6º tiveron a posibilidade de facer unha saída do centro para realizar outro deporte acuático: surf.

Nesta excursión, ademais de aprender as técnicas básicas para poder surfear as ondas, tiveron a oportunidade de visitar unha batea en O Grove e así saber máis dos exquisitos manxares que nela se producen. 




martes, 8 de junio de 2021

O sistema solar en 1º de EP

 O alumnado de 1º de EP elaborou os sistemas solares coa axuda das súas familias. Aquí podes ver unha mostra do resultado.





lunes, 7 de junio de 2021

Apoiamos ao Cpi Pontecesures

O CPI de Pontecesures ven de participar no Concurso "Cantamos con las manos" da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. Despois de ensaios e moitos esforzo conseguimos que Xela Arias tamén trasmitira o seu sentimento non so coa música de A Banda da Loba, senon coas mans do noso alumnado.

Agora precisan da vosa axuda para escalar postos neste concurso. Picando na imaxe accederás á páxina da FAXPG e poderás votar* o vídeo que che deixamos a continuación para que poidas disfrutalo. 




miércoles, 2 de junio de 2021

O noso horto

 Traballo feito polos alumnos de 4º E. Primaria sobre o que cultivan nos hortos as súas familias e así poder comer RICO…RICO