Nova andaina
lunes, 24 de junio de 2024
viernes, 21 de junio de 2024
Fin de curso en Primaria
Para celebrar fin de curso o alumnado de Primaria tivo a ocasión de asistir a un espectáculo de Acrosport a cargo dos grupos de rapazas de 5º e 6º.
O broche final púxoo un espectáculo de máxia co mago Dani García.
Graduación de 4ºESO
O alumnado de 4º de ESO deixa o Centro despois de 13 anos de escolaridade.
Para celebralo o Centro organizou un acto de graduación na biblioteca.
Para rematar tivemos uns pinchos.
jueves, 20 de junio de 2024
Concerto e festa de fin de curso
Tivemos un concerto privado no que participou alumnado do noso Centro e do I.E.S. de Valga, organizado por David Regueiro Fernández, profesor de Música de ESO no cole.
viernes, 14 de junio de 2024
⭐️ Graduación Educación Infantil ⭐️
miércoles, 5 de junio de 2024
Saída ás Cunchas
Hoxe o alumnado de infantil e primeiro/segundo de primaria fixeron unha saída á praia das Cunchas, en Rianxo, para recoller lixo xunto con @amicosasociacion ♻️🚮🏖
️
O lixo desde o teu concello
Hoxe, dende 3º de EP ata 1º ESO, os alumnos tiveron unha charla moi interesante " O lixo desde o teu concello" para fomentar a redución, reutilización e reciclaxe dos resíduos da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza, cunha pequena charla inicial e un pequeño obradoiro, crear unha depuradora caseira con botellas de plástico.
sábado, 1 de junio de 2024
Recreos activos
Un grupo de alumnos de 2º de ESO de Proxecto Competencial están a
realizar recreos activos organizando diferentes torneos de deportes
alternativos ou xogos tradicionais.
Excursión a Valencia de 4º ESO
Un grupo de alumnos de 4º de E.S.O., acompañado polas profesoras
foi de excursión de fin de curso a Valencia e arredores.
Aínda que tivieron Gandía como cidade base visitaron ademais
Valencia e Benidorn.
Houbo tempo para todo.