Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

jueves, 30 de marzo de 2017

Cartas de amor




Dende o día 17 ata o día 31 de marzo estivo na biblioteca  do noso centro a exposición   “Cartas de amor”. Esta exposición foi concebida seguindo as instrucións da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia na campaña contra a violencia de xénero do mesmo nome, estando directamente relacionada cos obradoiros nos que o  noso alumnado de 2º e 3º ESO participou o 28 de marzo, organizados e impartidos por especialistas contratados polo Concello de Pontecesures.

lunes, 27 de marzo de 2017

Día mundial do teatro



O día mundial do teatro foi creado en 1961 por iniciativa da ITI –Instituto Internacional do Teatro. Dende entón, os centros, os profesionais, as organizacións e os amantes do teatro queren rendir a súa particular homenaxe a esta forma de expresión.
Imagen relacionadaNeste día tamén se pretende concienciar a todos do valor que o teatro aporta á cidadanía.
Aínda que son moitos os actos que se celebran nesta xornada, cabe destacar a mensaxe internacional que se emite cada ano desde a sede da UNESCO e que circula por todolos medios para promover esta arte. Nesta ocasión a encargada foi Isabelle Huppert, actriz francesa de fama internacional.

jueves, 23 de marzo de 2017

Efervesciencia

Onte as 12:00 horas, na Biblioteca Pública Municipal de Pontecesures levouse a cabo a primeira sesión desta campaña de animación a lectura, froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Pontecesures. Os encargados de abrila foron os alumnos/as de 6º curso de E. Primaria do C.P.I. de Pontecesures, para celebrar o Día Mundial da Auga. A  sesión de animación correu a cargo de Efervesciencia, tendo por título Biotecnólogos na Biblioteca.

Efervesciencia . Ler conta moito 5º e 6º de EP

miércoles, 22 de marzo de 2017

Refugia2.2




Ser un refuxiado só depende do lugar onde naces.......
 



 Calquera de nós podería ser un deles……


Reflexión do alumnado de 1º B da ESO sobre a situación dos refuxiados.

jueves, 16 de marzo de 2017

Cartel da festa da lamprea



Parabéns a Anxo Comparada  de 2º de Primaria, autor do cartel gañador da XXII festa da lamprea do noso concello.


miércoles, 15 de marzo de 2017

180 anos de Rosalía de Castro


Celebramos o 180 aniversario de Rosalía da mellor das      maneiras.........RECORDÁNDOA

 
 En 1º de Primaria........

 







 
E en 2º de Primaria.......





en 4ºde Primaria 

 en 6º de Primaria





viernes, 10 de marzo de 2017

Contacontos de "Médicos sen fronteiras"

   O venres pasado  veu á nosa biblioteca un contacontos de MÉDICOS SEN FRONTEIRAS para 1º e 2º de Primaria.
A través de diferentes protagonistas contáronnos historias, todas con un eixo común: as condicións nas que viven os refuxiados.




sábado, 4 de marzo de 2017

Entroido 2017





Un ano máis celebramos o Entroido. Este ano adicado ao teatro.

Pinchade na foto e veredes moitas máis ....


Entroido 2017

Tamén podedes ver os vídeos das actuacións .......

1º A ESO
 
1º B ESO.........Don Juan Tenorio   



2º ESO