Na aula de 3° 'sonorizaron' o conto de Rosa
caramelo, imaxinando os efectos sonoros para acompañar a narración.
Tras coñecer o conto, e coincidindo coa
conmemoración do 25N, aproveitaron para reflexionar sobre os diferentes tipos
de violencias e dicir NON á VIOLENCIA
CONTRA AS MULLERES.
Un
ano máis celebramos o día conta a violencia de xénero no colexio
Os
alumnos de 2º de Primaria logo de traballar na aula sobre a
violencia de xénero, falar, comentar, facer slogans, ver vídeos,
etc... floreceu o seu espíritu emprendedor e acordaron que farían
unha manifestación para a cal fixeron pancartas nos recreos.
O
día 25 sairon ao patio antes do resto dos grupos para recibilos coa
manifestación
Tamén
se colocaron carteis nas fiestras das aulas
E repartíronse mascarillas entre o alumnado e o profesorado.
E desde o Concello tamén nos agasallaron con pulseiras e con varias
actividades sobre coeducación ao
longo desta semana.
Hoxe
celébrase o Día Universal da Infancia e queremos compartir o cartel
conmemorativo deste ano. Os nosos cativos e cativas merecen sen ben
tratados polo que é preciso respectar os seus dereitos.
Os alumnos de 6º de Primaria foron á biblioteca municipal con todas as medidas de seguridade a escoitar a Fátima Fernández no Ler conta moito. Contaba miña avoa que...son contos
da nosa tradición oral nas que as mulleres son as protagonistas,
relatos cotiáns que foron o xerme da nosa cultura. Historias
contadas por avoas para nenas e nenos, nos que se demostra como
debemos superar as desigualdades.
Coincidindo
coa celebración do Día das Letras Galegas 2020 atrasada, realizouse en cada aula un vídeo
musical (tipo musicograma) dunha canción d’A banda da Loba, baseada nun dos
poemas de Ricardo Carvalho Calero: “O sonho da Catarina”.
Os
obxectivos principais da actividade foron:
Dar a coñecer a figura de Carvalho Calero entre o alumnado, presentando o reintegracionismo. Analizar
a letra do tema e o poema orixinal de Carvalho Calero Traballar
cuestións formais e rítmicas Comezar
a traballar coa Aula Virtual e co GIMP para mellorar a competencia dixital do
alumnado.
Mais, por medio deste pequeno proxecto comenzaron a reflexionar sobre cuestións
directamente relacionadas co mundo do audiovisual, que lles servirían de base
nos trimestres posteriores, ao ter que elaborar un guión do vídeo, tendo en
conta a letra e a música, as diferentes partes, os versos, o ritmo, os cambios
de intensidade…
Chegou o día...aquí
están as obras eos seus creadores...Un
samaín diferente, pero con esencia galega
Desde
o EDLG e da Biblioteca queremos agradecer tanto ao profesorado como ao alumnado
a colaboración e participación neste certame. Este curso houbo moitos e
excelentes traballos, puidemos comprobar que sodes grandes artistas e fabulosos
escritores, agardámosvos para o vindeiro curso, con máis e mellores propostas.
A
continuación, expoñemos as fotografías dos autores dos traballos premiados, das
súas obras e os audios dos relatos orais.