Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

jueves, 12 de noviembre de 2020

O sonho da Caterina

Coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas 2020 atrasada, realizouse en cada aula un vídeo musical (tipo musicograma) dunha canción d’A banda da Loba, baseada nun dos poemas de Ricardo Carvalho Calero: “O sonho da Catarina”.

Os obxectivos principais da actividade foron:

Dar a coñecer a figura de Carvalho Calero entre o alumnado, presentando o reintegracionismo.
Analizar a letra do tema e o poema orixinal de Carvalho Calero
Traballar cuestións formais e rítmicas
Comezar a traballar coa Aula Virtual e co GIMP para mellorar a competencia dixital do alumnado.

Mais, por medio deste pequeno proxecto comenzaron a reflexionar sobre cuestións directamente relacionadas co mundo do audiovisual, que lles servirían de base nos trimestres posteriores, ao ter que elaborar un guión do vídeo, tendo en conta a letra e a música, as diferentes partes, os versos, o ritmo, os cambios de intensidade…










O traballo está publicado na web da RAG
    

No hay comentarios:

Publicar un comentario