Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

viernes, 27 de noviembre de 2015

Loito nas LETRAS GALEGAS

Morre o escritor Xosé Neira Vilas, autor de «Memorias dun neno labrego»

Tedes máis información sobre Xosé Neira Vilas no seguinte enlace: Fundación Neira Vilas



OUTONO 2015 NO CPI DE PONTECESURES

Rosa Nodar déixanos esta presentación que recolle as actividades que se fixeron no noso centro neste outono: exposición de froitos do outono, mostra das cabazas decoradas polo alumnado polo Samaín, entrega de premios do Concurso de Relatos de Terror e a celebración do magosto.




miércoles, 25 de noviembre de 2015

Con motivo do día contra a violencia de xénero os alumnos de 4º de Eso fixeron en plástica este mural que colgaron no corredor.





jueves, 19 de noviembre de 2015

Volume 11000


Na biblioteca do colexio xa chegamos ao volume número 11000.

Todo un acontecemento!!!!!!!!!

domingo, 15 de noviembre de 2015

sábado, 7 de noviembre de 2015

Día da ciencia en galego


 

O día 4 de novembro, asistimos dende a Biblioteca do CPI de Pontecesures a unha videoconferencia organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística baixo o título de: "A máquina que constrúe a mente e a realidade".

O relator foi Xurxo Mariño Alfonso, biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998), profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña.

Segundo nos explicou, todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso "eu", as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, dese xeito, crear a mente e a realidade. Intentou responder a varias preguntas que habitualmente nos formulamos: Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o "eu" cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?




viernes, 6 de noviembre de 2015

Relatos gañadores no concurso do Samaín

Estos son os relatos gañadores no noso concurso do Samaín 

RELATO GAÑADOR DA CATEGORÍA DE 1º CICLO DE E. PRIMARIA: "A CABAZA COMILONA, DE NICO CALVO CASTIÑEIRAS", DE 2º B



RELATO GAÑADOR DA CATEGORÍA DE 2º CICLO: "OS MONSTROS MÁIS ATERRADORES", DE MARCOS GÁNDARA AGRASAR, 3º A


RELATO GAÑADOR NA CATEGORÍA DE 3º CICLO DE PRIMARIA: "ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS" DE ALEX COMPARADA CONZÁLEZ DE 6º A

RELATO GAÑADOR NA CATEGORÍA DA ESO: "MEDO NA ESCURIDADE" DE XENXO XANTIAGO LORENZO, DE 4º DE ESO.


viernes, 30 de octubre de 2015

Videos para o Samaín

Estos son os videos que fixeron os alumnos do Cpi de Pontecesures para o concurso do Samaín.
Espero que vos den mooooooooitoooooooo meeeeedo!!!!!!!!!!!!!!!!
Os alumnos de infaltil participaron con Viva Samaín!

Este é o video gañador do noso concurso.
Parabéns aos alumnos participantes.


 










 
 

viernes, 23 de octubre de 2015

Día da Biblioteca

Por iniciativa de la Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, desde 1997, en colaboración con el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, cada 24 de octubre se celebra el Día de la Biblioteca, con el objetivo de concienciar a la sociedad de la importancia de la lectura y como homenaje y reconocimiento a la labor de los biblitoecarios/as.
Cada año se encarga a un escritor y a un ilustrador, ambos de reconocido prestigio, la redacción del pregón y el diseño del cartel que se difunde entre todas las bibliotecas de España, asociados e interesados. Este año los seleccionados son el escritor Diego Arboleda, Premio Nacional de Literatura Infantil 2014, y la ilustradora Leticia Ruifernández.
Reproducimos a continuación el cartel (pulsa en la imagen para abrirlo en PDF) y el texto del pregón:
Día de la Biblioteca 2015 (Diego Arboleda y Leticia Ruifernández)
«Con motivo del Día de la Biblioteca, quiero compartir con vosotros un secreto: el Conejo Blanco casi siempre tiene prisa.
Quizá algunos penséis que esto no tiene mucho que ver con las bibliotecas y que, además, como secreto, deja bastante que desear.
Alicia en el País de las Maravillas se publicó hace 150 años, y desde entonces los lectores de todo el mundo han sabido que el conejo llega tarde, demasiado tarde, y por tanto tiene prisa.
Reconoceréis, eso sí, que no es un conejo cualquiera. Que sepamos, este es el único conejo que usa chaleco y reloj de bolsillo, lo cual plantea una incógnita: si tiene reloj, ¿por qué siempre llega tarde? ¿Quién es culpable de la tardanza? ¿El conejo o su reloj? Los expertos no se han puesto de acuerdo sobre este punto, que ha provocado graves discusiones entre veterinarios y relojeros. Y si se alude al chaleco, es aún peor. Solo hay una cosa más peligrosa que una discusión entre un veterinario y un relojero, y es una discusión entre un veterinario, un relojero y un sastre. Es mencionar el asunto y se desenvainan todo tipo de agujas (hipodérmicas, de coser y de reloj).
Así que mejor volvamos al secreto. El Conejo Blanco casi siempre tiene prisa. Corre porque tiene miedo de que la Duquesa y, sobre todo, la Reina de Corazones ordenen que le corten la cabeza. Pero vosotros, que aún conserváis la vuestra, concentraos en ese casi. Es la clave, el secreto mejor guardado del País de las Maravillas.
Casi siempre. ¿Cuándo no tiene prisa el Conejo Blanco? Solo cuando visita un pequeño edificio escondido tras los árboles del bosque: la biblioteca.
El conejo se toma su tiempo para curiosear entre las abarrotadas estanterías.Tiene un libro en mente pero, cuando se acerca a cogerlo, no puede evitar fijarse en el tomo que lo precede, y en el de más allá (y, como ya sabéis, en una biblioteca, el libro de más allá es al mismo tiempo el libro de más acá de otro libro que está a su lado…). Demasiadas opciones. Lleva tiempo elegir un libro. El conejo sabe que se encuentra en el hogar de la lectura, y la lectura es un placer que se disfruta sin prisa.
Aunque nadie haya mencionado antes esta biblioteca secreta, no lo dudéis, hay una en ese extraño mundo que visitó Alicia. No puede ser de otra forma. Pues a pesar de contar con el Sombrerero Loco, el Gato de Cheshire y la Oruga Azul, a pesar de todos los animales fantásticos y las extraordinarias cosas que allí suceden, todo eso no es suficiente para ganarse el nombre que ese mundo tiene. Un lugar nunca podría llamarse País de las Maravillas si entre sus maravillas no se contara una biblioteca»

miércoles, 14 de octubre de 2015

viernes, 9 de octubre de 2015

III Certame de relatos de terror


III CERTAME DE RELATOS DE TERROR

O ENDL e a Biblioteca do CPI de Pontecesures anímanvos a que compartades as historias máis arrepiantes que se vos ocorran a través da participación neste concurso que se celebrará arredor da celebración do Samaín, unha antiga tradición que conmemora a visita dos mortos ao mundo dos vivos na noite do 31 de outubro, data de comezo do aninovo celta.

As bases que rexerán o concurso son as seguintes:
1. Os relatos, orixinais e inéditos, serán redactados en lingua galega.
2. A temática xirará arredor de historias de misterio e terror.
3. Haberá seis categorías con cadanseu premio:
  • Infantil 
  • 1º ciclo
  •  2º ciclo 
  •  3º ciclo 
  •  ESO  
  • Modalidade de participación audiovisual, cunha curtametraxe gravada nun máximo de cinco minutos.
4. A participación de infantil e 1º ciclo de primaria poderá ser cun relato breve ou a través de narracións baseadas en debuxos que incorporen algunha palabra ou texto breve en galego. Nos demais niveis os textos terán unha extensión máxima de catro folios por unha cara, manuscritos ou mecanografados. 

5. Cada titor/a de infantil e primaria e o profesor de lingua galega de ESO seleccionarán os tres mellores traballos de cada aula e entregaranllos ao coordinador do ENDL antes do 21 de outubro.

6. O xurado do certame estará integrado por profesorado colaborador do ENDL e da Biblioteca. 
 
7. O fallo do xurado farase público en cadanseu acto na biblioteca do centro nun recreo de primaria e noutro de secundaria do día 29 de outubro ao que poderán acudir todos os participantes.

8. A participación neste concurso implica o consentimento do/a autor/a para a divulgación da obra presentada nos blogs de normalización e da biblioteca, así como na revista escolar O voceiro do Piñeiro manso.

9. A participación neste certame implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.

jueves, 8 de octubre de 2015

Proxecto de biblioteca

O noso proxecto de biblioteca este curso vai sobre O sistema solar e para comenzar deixovos estas fotos  que nos cedeu Paco Costa Lamas, veciño de Padrón e un apaixoado da fotografía.








viernes, 19 de junio de 2015


Os veráns son para...
Cando chega o verán e, por suposto as vacacións, é momento para levar a cabo as fantásticas “aventuras”.
Os veráns en Pontecesures son .......
.......Veráns para saber disfrutar. Eu fabrico cos meus amigos as diversións, non as compro sacando entrada ou pagando unha cuota; tampouco é obrigatorio facer cursillos varios para despois disfrutar. Eu invento, eu patino, eu nado, eu canto, eu medro, eu viaxo, eu xogo, eu leo....Disfruto cos meus, gozo xogando en equipo, soño por adelantado coas cousas que farei de grande e sempre teño algo que facer.


.......Veráns para vivir enterados do que pasa ao meu alrededor e do que pasa no mundo e organizando un tren da ilusión con destino a onde faga falla. Enchéndoo con amor, solidaridade, simpatía, ilusión, ledicia....Voluntarios que durante o verán están dispostos a dalo todo para lograr un mundo mellor.


.......Veráns para os lectores: veráns para pensar nos demais, para soñar con encher un tren de ilusións e sonrisas. Os soños non ocuupan sitio pero son os que logo se converten en realidade. Os que non soñan non cambiarán a terra.

Feliz verán a todos
Vémonos en setembro
O equipo de dinamización da biblioteca

jueves, 18 de junio de 2015

Lecturas recomendadas para disfrutar do verán cun bo libro . Disfrutádeos !!!!!!!!

miércoles, 3 de junio de 2015



Este é o noso libro colaborativo. Nel participaron os alumnos dende Infantil 3 anos ata 6º de Primaria. Cada grupo fixo una das páxinas.

A nosa intención foi unir dalgún xeito o día do libro e o día das Letras Galegas. E o resultado foi TIRANDO DA LÍNGUA

Esperamos que o disfrutedes…….

sábado, 30 de mayo de 2015


Os alumnos de 1º de Primaria do noso colexio móstrannos as súas dotes creativas neste maravilloso libro creado entre todos. Felicidades a estes pequenos ilustradores.

viernes, 29 de mayo de 2015


Este é o diario da 2ª mochila viaxeira da Clase secreta dos Biosbardos do Cpi de Pontecesures