Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

martes, 12 de diciembre de 2017

Lume


  Nos meses pasados sufrimos en Galicia, e noutras partes do Estado e de Portugal, uns tráxicos sucesos que conmocionaron á nosa sociedade: o LUME fixo acto de presenza no noso territorio dun xeito devastador, cuns efectos que tardaremos longo tempo en superar.
  O Doutor Enxeñeiro de Montes e profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC Ramón Díaz Varela, veu ao centro para dar unha  charla aos alumnos de Secundaria cos seguintes obxectivos:
· Informar á xuventude do realmente acontecido coa vaga de lumes.
· Alertar dos efectos que estes sucesos conlevan co paso do tempo.
· Falar sobre as medidas de restauración das zonas afectadas.
· Sensibilizar sobre a importancia de conservar e manter os nosos montes nas mellores condicións.
· Discutir sobre qué medidas de prevención serían as idóneas para que estes terribles sucesos non se repitan.
· Intentar despexar calquera dúbida que xurda entre o público asistente.

martes, 28 de noviembre de 2017

Lume e fume

Os alumnos de 3º B de E. Primaria fixeron este traballo de E. Artística baseado nunha actividade proposta en Lingua Galega para o uso das TIC na aula.


jueves, 23 de noviembre de 2017

Creamos e contamos

1º de Primaria é a clase dos “Lobos devoralibros “e a parte de ler tamén crean e contanlle aos seus compañeiros na hora de ler.
Quen sabe? Quizais teñamos aquí unha Rosalía ou un Cervantes?

O tempo…xa o dirá

 Darío

Martina
Iria

Marco









martes, 7 de noviembre de 2017

Recomendación lectora de Darío

Darío recoméndanos Boas noites, bufo! porque cando o bufo sae de noite asusta aos animais. 
Con este libro aprendes moitos nomes de animais e ademáis ensínanos que non se deben molestar porque ao mellor ... danlle o seu merecido.



viernes, 3 de noviembre de 2017

Mapa do mundo da literatura


Invitámosvos a unha viaxe polo mundo a través da literatura.  Cada parte do mundo ten as súas preferencias literarias e neste mapar podedes velas.




Pinchade no enlace para saber máis. 

jueves, 2 de noviembre de 2017

Samaín

Samaín 2017Xogos Samaín 2017

Pesadelo no museo, obra de teatro na entrega dos premios do Samaín

O vídeo gañador este ano foi....

 
Outros vídeos participantes foron.....







  

Os relatos gañadores foron

Relato de  1º de Educación Primaria

Relato de  2º de Educación Primaria

Relato gañador da modalide de 2º ciclo, de leire Suárez Lorenzo de 3ºB 

Relato gañador da modalide de 3º ciclo de Primaria, de Nicolás Constenla Barral de 6º.

Relato gañador da ESO, de María Figueira Collazo de 2º de ESO




Noraboa a todos os participantes.
Vémonos o próximo Samaín !!!!!!!!!!!!!

martes, 24 de octubre de 2017

Día da biblioteca


los fantásticos libros voladores del Sr Morris 

    Lessmoreon”


Ademáis tivemos xornadas de formación cos máis pequenos.















jueves, 19 de octubre de 2017

Cartel do Samaín



Xa temos cartel gañador no noso concurso do Samaín….Noraboa a Telmo de 4º de ESO.
 

martes, 17 de octubre de 2017

Como identificar noticias falsas


Unha ferramenta imprescindible para a

alfabetización en información.


Pincha no enlace Identificar noticias falsas


Mochilas viaxeiras

As  mochilas viaxeiras xa están dispostas para sair do colexio e que os pequenos lectores disfruten do seu contido. 

miércoles, 11 de octubre de 2017

V concurso de relatos de terror



A Biblioteca e o ENDL do CPI de Pontecesures anímanvos a que compartades as historias máis arrepiantes que se vos ocorran a través da participación neste concurso que se celebrará arredor da celebración do Samaín, unha antiga tradición que conmemora a visita dos mortos ao mundo dos vivos na noite do 31 de outubro, data de comezo do aninovo celta.

As bases que rexerán o concurso son as seguintes.

1. Os relatos, orixinais e inéditos, serán redactados en lingua galega.

2. A temática xirará arredor de historias de misterio e terror.

3. Haberá seis categorías con cadanseu premio:

a) E. Infantil

b) 1º e 2º E. PRIMARIA

c) 3º e 4º E. PRIMARIA

d) 5º e 6º E. PRIMARIA

e) ESO

f) Modalidade de participación audiovisual, cunha curtametraxe gravada nun máximo de cinco minutos.

g) Modalidade de cartel anunciador do evento.

4. A participación de infantil e 1º e 2º de primaria poderá ser cun relato breve, unha videocreación ou a través de narracións baseadas en debuxos que incorporen algunha palabra ou texto breve en galego. Nos demais niveis os textos terán unha extensión máxima de catro folios por unha cara, manuscritos ou mecanografados.

5. Cada titor/a de infantil e primaria e o profesor de lingua galega de ESO seleccionará os tres mellores traballos de cada aula e entregarallos ao coordinador do ENDL antes do venres 20 de outubro.

6. O xurado do certame estará integrado por profesorado colaborador do ENDL e da Biblioteca.

7. O fallo do xurado farase público en cadanseu acto para primaria e secundaria na biblioteca do centro o día 31 de outubro, ao que poderán acudir todos os participantes.

8. A participación neste concurso implica o consentimento do/a autor/a para a divulgación da obra presentada nos blogs de normalización e da biblioteca.

9. A participación neste certame implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.

Aquí tendes unha idea para a entrega de premios