Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

lunes, 29 de abril de 2024

Exposición de Luisa Villalta

Xa están colocadas no corredor da planta baixa do edificio de Primaria e Secundaria e no corredor de Secundaria, a exposición cos cartaces sobre Luísa Villlalta.

Achegarvos e mirádea.....



jueves, 25 de abril de 2024

Yoga co club de lectura

Os alumnos do club de lectura de Secundaria tiveron unha sesión de ioga con María para celebrar o día do libro.







miércoles, 24 de abril de 2024

Certame Intercentros

As ANPAS dos centros dos concellos de Pontecesures, Valga e Catoira, convocan como cada ano o  Certame de Intercentros que este ano celebra a súa XXVI Edición e que este ano organiza a ANPA do noso Centro.







Día do libro no club de lectura de 6º EP

 No club de lectura de 6° celebraron o día do libro lendo unha serie de relatos curtos. 

Hoxe tocou "Estampado"de Xavier P. Docampo





Día do libro co club de lectura de 5º EP


Para celebrar o día do libro co club de lectura de 5º fixemos un sorteo dun diccionario enciclopédico entre elas e resultou agraciada Aia. 
Noraboa e a disfrutar da lectura buscando información.







 

martes, 23 de abril de 2024

miércoles, 17 de abril de 2024

📚 40 aniversario da Biblioteca Municipal de Pontecesures

A Biblioteca Municipal de Pontecesures cumpre 40 anos e para celebralo hai toda unha programación conmemorativa adicada  á figura de Manuel Otero Acevedo, unha xeira de actividades que terán lugar os venres na Biblioteca Municipal.

O venres 19 de abril ás 20.00, terá lugar a conferencia "Otero Acevedo, espiritista", que presenta a Alcaldesa Maite Tocino e contará con Xosé de Cora, xornalista e escritor, autor de 𝑇𝑒 𝑙𝑙𝑎𝑚𝑎𝑟𝑒́ 𝑚𝑢𝑒𝑟𝑡𝑜 / 𝑉𝑎𝑙𝑙𝑒 𝐼𝑛𝑐𝑙𝑎́𝑛 𝑦 𝐴𝑐𝑒𝑣𝑒𝑑𝑜 𝑒𝑛 𝑙𝑎 𝐶𝑎𝑠𝑎 𝑑𝑒𝑙 𝐷𝑒𝑚𝑜𝑛𝑖𝑜.
O venres 26 de abril ás 20.00 será a presentación e tertulia do libro ¿𝘘𝘶𝘦́ 𝘮𝘪𝘳𝘢𝘴? de Fernando Salgado, que estará presente xunto a Alcaldesa Maite Tocino, a protagonista do libro Susi Maquiera e o poeta Cándido Duro.
O venres 3 de maio ás 20.00 terá lugar a conferencia "Otero Acevedo o neurocirurxián" presentada por Rita Diz Gil, uróloga. O poñente será Tomás Sobrino Moreiras, Licenciado en Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Coordinator of NeuroAging Group (NEURAL); Clinical Neurosciences Research Laboratories (LINCs); Health Research Institute of Santiago de Compostela (IDIS); CIBER de Enfermedades Neurodegenerativas (CIBERNED), Instituto Carlos III Clinical University Hospital (CHUS), SERGAS.
O venres 10 de maio ás 20.00 será a presentación do libro 𝘓𝘢 𝘩𝘪𝘨𝘶𝘦𝘳𝘢 𝘺𝘦𝘳𝘮𝘢 da autora cesureña María de Xacobe, que estará acompañada do mestre e filólogo Fernando Cabeza Quiles.




martes, 16 de abril de 2024

Saída a Santiago de 1º e 3º de ESO

Os alumnos de 1º e 3º de ESO foron a Santiago para visitar dúas exposicións:

Na sé de Afundación visitaron a exposición de Tim Flach "Emocións en perigo"

Emocións en perigo

Na Cidade da Cultura o alumnado de 3º visitou a exposición "Tesouros Reais" que achega a Compostela parte dos fondos do Terra Sancta Museum de Xerusalén.

Tesouros reais 

Mentras, o alumnado de 1º coñeceu nas Torres Hejduk o bosque atlántico e o mediterráneo, así como a exposición "Da semente á árbore"

sábado, 13 de abril de 2024

Certame de relato curto do Concello

 


O Concello de Pontecesures ven de convocar un certame literario de relato curto para alumnos da ESO polo día das Letras Galegas

viernes, 12 de abril de 2024

A próxima semana ......

 Hoxe o alumnado de secundaria entregou as invitacións das súas obras de teatro.

A próxima semana representarán esas obras no CPI de Pontecesures e logo o alumnado de 2° da ESO xunto ao clube de teatro farán unha xira teatral polos centros da contorna,acompañados da profesora de lengua Alba e a profesora de historia Luisa.



Padriños/madriñas de lectura 1°e 6°EP

O alumnado de 6º e EP este curso está realizando unha actividade moi enriquecedora....fan de padriños e madriñas de lectura co alumnado de 1º de EP

Padriños/madriñas de lectura

miércoles, 10 de abril de 2024

Teatro en Santiago

Los alumnos de 3º y 4º de ESO  fueron a Santiago a ver una adaptación teatral de la obra de García Lorca, La casa de Bernarda Alba representada por la compañia Teatro de Los Caminos (Transeduca) y organizado por el Departamento de Lengua Castellana.






viernes, 5 de abril de 2024

Propostas presentadas a "Fai viral a poesía"

Xa podedes visualizar os traballos presentados conforme as bases ao concurso Fai Viral a Poesía!!! e ata o próximo 12 de abril ás 12:00 farase o reconto das visitas recibidas.








martes, 2 de abril de 2024

Intercambio co Colexio Saint Joseph de Maringues. Francia

Os alumnos do Colexio tiveron un intercambio con colexio Saint Joseph de Maringues a última semana do 2º trimestre. 

E aquí tendes algunhas fotos dos rapaces e rapazas que participaron.

Seguro que foi unha experiencia enriquecedora para todos.

Intercambio Maringues

lunes, 1 de abril de 2024

Visita ao Froiz

O venres 22 de marzo, os alumnos de 3º de Primaria tiveron unha saída ao Froiz de Pontecesures.

Alí mostráronlles todas as seccións do supermercado e as funcións de cada traballador-a delas.

Como remate tiveron  moitas preguntas con anécdotas......