Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

miércoles, 17 de abril de 2024

📚 40 aniversario da Biblioteca Municipal de Pontecesures

A Biblioteca Municipal de Pontecesures cumpre 40 anos e para celebralo hai toda unha programación conmemorativa adicada  á figura de Manuel Otero Acevedo, unha xeira de actividades que terán lugar os venres na Biblioteca Municipal.

O venres 19 de abril ás 20.00, terá lugar a conferencia "Otero Acevedo, espiritista", que presenta a Alcaldesa Maite Tocino e contará con Xosé de Cora, xornalista e escritor, autor de 𝑇𝑒 𝑙𝑙𝑎𝑚𝑎𝑟𝑒́ 𝑚𝑢𝑒𝑟𝑡𝑜 / 𝑉𝑎𝑙𝑙𝑒 𝐼𝑛𝑐𝑙𝑎́𝑛 𝑦 𝐴𝑐𝑒𝑣𝑒𝑑𝑜 𝑒𝑛 𝑙𝑎 𝐶𝑎𝑠𝑎 𝑑𝑒𝑙 𝐷𝑒𝑚𝑜𝑛𝑖𝑜.
O venres 26 de abril ás 20.00 será a presentación e tertulia do libro ¿𝘘𝘶𝘦́ 𝘮𝘪𝘳𝘢𝘴? de Fernando Salgado, que estará presente xunto a Alcaldesa Maite Tocino, a protagonista do libro Susi Maquiera e o poeta Cándido Duro.
O venres 3 de maio ás 20.00 terá lugar a conferencia "Otero Acevedo o neurocirurxián" presentada por Rita Diz Gil, uróloga. O poñente será Tomás Sobrino Moreiras, Licenciado en Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Coordinator of NeuroAging Group (NEURAL); Clinical Neurosciences Research Laboratories (LINCs); Health Research Institute of Santiago de Compostela (IDIS); CIBER de Enfermedades Neurodegenerativas (CIBERNED), Instituto Carlos III Clinical University Hospital (CHUS), SERGAS.
O venres 10 de maio ás 20.00 será a presentación do libro 𝘓𝘢 𝘩𝘪𝘨𝘶𝘦𝘳𝘢 𝘺𝘦𝘳𝘮𝘢 da autora cesureña María de Xacobe, que estará acompañada do mestre e filólogo Fernando Cabeza Quiles.




No hay comentarios:

Publicar un comentario