Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

jueves, 21 de diciembre de 2023

Nadal 2024

Empezamos o día coñececendo as portas gañadoras do noso concurso.........que foron.............

Noraboa a todos por participar!!!!

Viñeron os nosos Reis Magos para traerlle algo doce aos alumnos e recoller as súas cartas....

Reis Magos

Puidemos gozar  co concerto didácticos de Suso Vaamonde e Xián Herrera para todo o alumnado







miércoles, 20 de diciembre de 2023

Visita ao Belén de Porto

O alumnado de Infantil e o alumnado de 6º de Primaria baixaron a Porto para ver o magnifico belén artesanal feito polos veciños

Visita ao Belén de Porto

Concurso de portas de Nadal

Estas son as portas adornadas para o noso concurso...en breve coñeceremos as gañadoras, unha por nivel.

Concurso de portas de Nadal

martes, 19 de diciembre de 2023

Visita ao Belén de Valga

O alumnado de Educación Infantil e Primaria non podían deixar de ir ver un ano máis o fermoso belén artesanal de Valga







martes, 5 de diciembre de 2023

Eu deixo pegada, e ti?

Para conmemorar o Día  Día das Persoas con Capacidades Diferentes, o Equipo de Orientación do  centro convidou a todas as persoas que formamos parte da comunidade educativa a que deixemos a nosa pegada no mural que está na parede esquerda de entrada ao pavillón.



domingo, 3 de diciembre de 2023

Día mundial das personas con capacidades diferentes

Dende o Dpto de Orientación non querían deixar pasar a celebración deste día. 
Por iso fixeron un cartel que tentaremos levar á realidade para que poidamos poñer a nosa pegada.


Dende Biblioteca fixemos una selección de contos para conmemorar o día internacional das persoas con capacidades diferentes.


viernes, 1 de diciembre de 2023

Maquetas de historia

Na biblioteca contamos con unha exposición de maquetas que fixeron os alumnos de 2º de ESO en historia.



Concurso de decoracón de portas de Nadal


O Equipo de biblioteca convoca un concurso de decoración das portas das aulas polo Nadal.

Xa que este ano traballamos o medioambiente, a decoración debe facerse con materiais aos que lle podamos dar un segundo uso.

Valoraranse: creatividade, materiais utilizados, orixinalidade e participación do grupo-clase.

O último día, antes das vacacións, pasaranse a ver as decoracións e comunicaranse as portas gañadoras. As clases gañadoras recibirán un pequeno agasallo para compartir.

Agardamos a vosa participación.



Xogade en Portas

Onte, os alumno de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria foron a Portas para participar na fase final provincial de Campo a través dentro do programa Xogade. Non faltou a lama pola chuvia de todos estes días atrás, pero a rapazada pasouno xenial, gozando da experiencia e de compartila cos seus compañeiros e coas súas compañeiras.

Este campionato provincial contou coa participación de alumnos de 61 aulas de 43 centros escolares, procedentes de 25 concellos da provincia de Pontevedra.

Xogade Portas 30 N