Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

martes, 31 de enero de 2023

Saída a Andorra

Un grupo de 38 alumnos de 3º e 4º de ESO acompañados de tres profesores están disfrutando esta semana do ski e de Andorra.

Un clima fantástico, un tempazo, sol a tope nas pistas de GrandValira e moitas gañas de pasalo ben.

Andorra 2023

jueves, 26 de enero de 2023

O alumnado de 4º  de Primaria  xunto coa súa mestra Lorena, integrante do equipo de biblioteca participou no Concurso de fotografías do noso colexio veciño, o CEP Xesús Ferro Couselo, o cal consistía en mandar unha fotografía que estivese relacionada coa metereoloxía asi como porlle un título a mesma. Esta subiríase a rede social do CEP Xesús Ferro Couselo e a que tivese máis Me Gusta sería a gañadora.

A aula de 4º participou con:
  

                             Ao mal tempo, diversión

E, finalmente... resultaron GAÑADORES!!


lunes, 23 de enero de 2023

domingo, 22 de enero de 2023

De viaxe con Tina

Os alumnos de 1º siguen aprendendo sobre o Camiño de Santiago.

Esta vez preparan o mural  "A NOSA VIAXE", no que aparecerán obxectos e palabras dos elementos necesarios para facer o Camiño. 






Vemos a vila con outra mirada



Dentro do Plan Proxecta "Vexo vexo Xacobeo" a clase de 2º de Primaria levoua cabo un pequeno proxecto "Vemos a vila con outra mirada" co que aprenderon, descubriron e reflexionaron sobre o seu pobo.


sábado, 21 de enero de 2023

Aprendemos inglés con Tina

O alumnado de 1º aprende inglés con Tina.

Para iso usan a PDI e tarxetas, xogando e aprendendo. 



jueves, 19 de enero de 2023

Os alumnos de 1º coñecen a Tina

As nenas e nenos de 1º de Primaria coñecen e colorean á tartaruga Calixtina. 

Outro club de fans da nosa "peregrina aventureira". 

Encántalles!








martes, 17 de enero de 2023

Saída dos alumnos de 1º e 2º de ESO

Os alumnos de 1º e 2º de ESO acompañados polas súas profesoras fixeron unha saída a Santiago.

Primeiro foron a ver a obra de teatro TREASURE ISLAND

 e posteriormente foron ao MUPEGA







sábado, 14 de enero de 2023

Vexo Veo Xacobeo







Este curso, o alumnado de 1º e 2º  de Primaria, xunto coas súas titoras e a profe Guada, participan no programa Vexo Veo Xacobeo dentro do Plan Proxecta.

Os alumnos de 2º xa realizaron o curso pasado actividades sobre o Camiño Portugúes e volven a retomar o tema este ano con ilusión.

Esta semana recibiron a carta de TINA CALIXTINA.

Escoitaron con moita atención o que lles contaba Tina e animáronse moito máis cando a tiveron que colorear  e poñerlle os elementos necesarios para facer Camiño ou o que se atoparían nel.











O porqué do nome de Calixtina






 

jueves, 12 de enero de 2023

Mochilas viaxeiras

Co comenzo do 2º trimestre puxemos en marcha 2 mochilas viaxeiras na clase de 1º de Primaria.

Menuda experiencia.....







martes, 10 de enero de 2023

Regalos dos Reis Magos

Os Reis Magos tamén nos deixaron na biblioteca uns agasallos especiais......libros de cociña, para que os nosos alumnos comencen a practicar a facer deliciosos pratos e postres. 

Quen sabe, igual dentro duns aniños temos algún afamado chef ou reposteiro.......

Entre  os agasallos había un gorro de cociñeiro, unha manopla e unha culler que se sortearon entre os alumnos de Primaria e a agraciada foi Enma de 3º  curso. 

Que o disfrute e comence a cociñar!!!!






lunes, 9 de enero de 2023

Festival de Nadal

Agora sí, xa podedes ver o festival de Nadal que se realizou o último día do trimestre con Guille Vistoso.
Que ben o pasamos!!!