Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

jueves, 29 de febrero de 2024

Xogade en Catoira

Hoxe, o  alumnado de 6º de E.P. achegouse ao CPI de Catoira para practicar varios deportes colectivos xunto co alumnado do CPI Progreso de Catoira, como parte do programa XOGADE da Consellería de Deportes da Xunta de Galicia, que ten como finalidade principal a organización de actividades físico-deportivas entre distintos centros.

O obxectivo último do programa é a promoción da saúde, a convivencia, o esforzo e o divertimento, con independencia do nivel e práctica de cada un dos rapaces ou de cada unha das rapazas.



miércoles, 28 de febrero de 2024

Saída a Santiago de 5º e 6º de Primaria

Os alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria foron a ver a obra de teatro "Ninja" no teatro Principal e ao rematar fixeron unha visita á cidade de Santiago.

Saída a Santiago de 5º e 6º de Primaria

lunes, 26 de febrero de 2024

Novos aires

Durante as vacacións de entroido estivemos a reformar a biblioteca un pouquiño máis para que todo o persoal do centro se sinta cómodo nela.

E así quedou.....


viernes, 23 de febrero de 2024

Día de Rosalía

 Foron moitas as actividades que se realizaron con motivo do día de Rosalía e contaron coa participación de alumnado e profesorado.

Os máis pequenos fixeron o mural para o xardín de Rosalía







O alumnado de 4º de ESO fixo o xardín este ano


O alumnado de Primaria desenvolveu a actividade Ilustramos Poemas, compoñendo ilustracións a partir do poema que leron na aula.
Podemos ver os seus traballos ornamentando as paredes dos nosos corredores.


Imaxina Rosalía

Tamén recitaron poemas


En  Secundaria, o  Concurso de Creación Plástica Imaxina Rosalía, tivo como gañador a Tomás Melón Rodríguez, ao que se lle fixo entrega do Diploma que o acredita como tal.

Na súa obra combina fragmentos de poemas de Rosalía cunha evocación das súas vivencias (a marcha, a dor...).




jueves, 22 de febrero de 2024

Visita aos IES de Padrón

Os alumnos de 4º de ESO acompañados das tutoras e da orientadora visitaron os IES de Padrón con vista a elexir centro para 1º de Bach

Visita aos IES se Padrón

Traballos de 4º ESO Bioloxía

 Os alumnos de 4º de ESO de Bioloxía fixeron uns traballos sobre a reproducción cecula- a mitose, utilizando as novas tecnoloxías






miércoles, 21 de febrero de 2024

Lecturas compartidas

Diego, de 3º ESO de Oratoria , foi a lerlle "Ata as princesas soltan peidos" ao alumnado de Infantil 3 anos



viernes, 16 de febrero de 2024

A circulación en Bioloxía

 Os alumnos de 3º ESO fixeron estes traballos sobre a circulación sanguínea



Tamén algún se atreveu a facer un corazón grande en plastilina




sábado, 10 de febrero de 2024

Entroido 2024

 Chegou o Entroido 2024.

Este ano o tema escollido para disfrazarnos foi o Medio Ambiente.

Xa desde media mañá o alumnado e o profesorado puxo as súas mellores galas carnavalescas para participar no desfile.

Este ano non pudemos facer o tradicional desfile ata a Plazuela debido ás inclemencias meteorolóxicas pero argallamos un desfile no ximnasio amenizado polos alumnos para disfrute da comunidade educativa.

Buscádevos nas fotos e botade uns sorrisos!!!!

Entroido 2024

viernes, 9 de febrero de 2024

Xornada de portas abertas

O vindeiro 20 de febreiro terá lugar a xornada de portas abertas no colexio para aquelas familias que vaian matricular os seus pequenos na etapa de Educación Infantil.

Pedide cita no teléfono do centro e vinde a coñecelo!

Agardamos a vosa chamada.





 

miércoles, 7 de febrero de 2024

Encontro con Andrea Maceiras

 A escritora Andrea Maceiras veu hoxe ao Colexio para ter un encontro cos alumnos dos clubs de lectura de 5º e 6º e os seus compañeiros de clase pois a todos lles pareceu moi interesante o libro de "Burbullas de calma serena"


Os alumnos tiveron a oportunidade de falar con Andrea de todo o que lles supuxo a lectura deste libro e propuxeronlle que fixera unha segunda parte.

Andrea Maceiras

lunes, 5 de febrero de 2024

Excursión á Andorra

 Un grupo de alumnos de 3º e 4º de ESO disfrutaron esta semana pasada dos deportes de inverno en Andorra acompañados de dous expertos profesores.

 Andorra 2024

sábado, 3 de febrero de 2024

Comandas do Meco

 Un ano máis están aquí as comandas do Meco para o noso cole.

Empeza o Entroido!!!!!!!!!



viernes, 2 de febrero de 2024

Concurso de fotografía

 Xa temos gañador da edición deste ano do concurso de fotografía....



Parabéns para Telmo e parabéns tamén ao Departamento de Orientación por poñer en marcha esta proposta e non deixala esmorecer, porque unha imaxe vale máis que mil palabras... e se é bela, máis que dúas mil!

As outras imaxes presentadas ao Concurso foron:

Concurso fotografía 2024


Candeloria cos clubs de lectura

 Celebramos o día da Candeloria cos alumnos do club de lectura con diversas actividades.....

O grupo de 6º fixo un mural e ademais colaborou xunto cos outros grupos en pintar casiñas para os paxaros que hai no noso colexio.

Candeloria




Coa colaboración da profesora de francés e da profesora de lingua galega de 2º de ESO os alumnos puderon facer as súas creps e degustalas na biblioteca.

Facendo creps co alumnado

jueves, 1 de febrero de 2024

Contacontos polas familias

Hoxe Paula, unha exalumna do cole e irmá de Lucas, de 1°EP, veu a contar un conto ao alumnado de primeiro ciclo de EP e gustoulles tanto que virá máis adiante para contarlles outro contiño. 

Graciñas Paula!!!

Contacontos en 1º Primaria

Charlas plan director

Hoxe houbo charlas sobre acoso escolar para os alumnos de 5º e 6º de Primaria 



Para os alumnos de 1º e 2º de ESO sobre ciber-bulling