Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

martes, 28 de abril de 2020

Fabricando luz!



Nestes momentos tan difíciles, dende o CPI de Pontecesures, queremos enviar unha MENSAXE DE ÁNIMO a todo o noso alumnado.

Con este vídeo, adicado a todos vós, desexamos que sintades o noso agarimo, esperando que poidamos volver a vernos o máis pronto posible e así, entre todos, pasar o tempo...



viernes, 24 de abril de 2020

Amar

Queremos amosarvos o noso agradecemento pola masiva participación na convocatoria do Día do Libro 2020 poñendo á vosa disposición o libro AMAR que a editorial Palabras aladas comparte de xeito gratuito.
 Acompañan, ademáis esta suxerencia:“Lo ideal es leer sólo una página cada vez que os juntéis a compartirlo, porque lo más valioso de este libro no es su contenido, sino lo que ocurre tras cerrarlo: las conversaciones que afloran. En ellas, de manera natural, se comparten experiencias vinculadas al concepto leído, surgen ideas para mejorar la convivencia…”
Ademáis adxunta o seguinte Enlace para traballar o libro



jueves, 23 de abril de 2020

Día do libro 2020


Hoxe celebramos un día do libro especial xa que alumnos e profesores do colexio quixeron mostrarnos o que están lendo nas súas casas.


domingo, 19 de abril de 2020

viernes, 17 de abril de 2020

Libros e historias de audio


Amazon suspendeu o pago por libros e historias de audio para nenos e estudantes de todas as edades, os nenos de todas as partes poden escoitar unha increíble colección de historias en seis idiomas diferentes, que os axudarán a seguir soñando, aprendendo e simplemente sendo nenos. Todas as historias son gratuitas no seu ordenador, teléfono o tablet usando o seguinte enlace:



jueves, 16 de abril de 2020

Participa


INICIATIVA

DÍA DO LIBRO

Como ben sabedes, o vindeiro xoves 23 de ABRIL conmemórase o DÍA DO LIBRO, e a pesar da distanciamento obrigado por mor do confinamento, o EQUIPO DE BIBLIOTECA do CPI Pontecesures lánzavos unha PROPOSTA a todo o ALUMNADO:

* Trátase de mandar 1 FOTO co LIBRO que estades a ler nestes momentos.

Con todas a fotos realizarase unha MONTAXE que se fará pública o día 23.

- Debedes enviar a foto ao CORREO:


- A DATA LÍMITE para enviar a foto é o 22 de abril.

miércoles, 15 de abril de 2020

Resistiré 4º ESO


Os alumnos de 4º de ESO fixeron este vídeo para que os profes nos acordásemos deles e para decirnos que nos querían e que nos botaban de menos.
E nos tamén a eles.

domingo, 12 de abril de 2020

Lecturas solidarias


Grazas a solidariedade e xenerosidade de moitos e moitas creadoras e editoriais podemos achegarvos unha serie de materiais educativos de balde para facer máis levadía esta situación excepcional. 
Pinchade nas imaxes para ter aceso ás revistas e ás lecturas.

O PAPAGAIO nº 7 (Abril 2019) | Estudiantil, Climatico


Baía_Edicións_Logo

Aira editorial

jueves, 2 de abril de 2020

Día do libro infantil e xuvenil


Resultado de imagen de dia del libro infantil Hoxe celebramos o día do libro infantil dun xeito moi diferente. Como sabedes coincide co natalicio do escritor danés Hans Christian Andersen. O obxetivo, é despertar o interés polos libros e a lectura dos nenos e xóvenes e facer de esto, un hábito de vida.
E nestes momentos que nos toca vivir que mellor que disfrutar dun libro……..
CE INF-PRI MARE NOSTRUM