Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

jueves, 20 de diciembre de 2018

Feliz Nadal


O equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias deséxavos un Bo Nadal e un Feliz 2019



jueves, 29 de noviembre de 2018

As cores do Outono



Pequena montaxe sobre os traballos que fixeron os alumnos de 3º e 4º de E. Primaria

jueves, 22 de noviembre de 2018

martes, 20 de noviembre de 2018

Salitre nas mans

As mariscadoras de Carril  que forman AMARCARRIL, viñeron dar unha charla aos rapaces de 5º e 6º de Primaria.
AMARCARRIL nace de un grupo de mariscadoras que queren dar a coñecer a historia de Carril, os seus parques de cultivo e marisqueo como exemplo de loita para alcanzar un mellor estatus social e unha maior calidade de vida.
Explicaron a actividade do marisqueo, os parques de cultivo, as concesións de marisqueo a pé, as especies e os seus ciclos biolóxicos, técnicas de cultivo, útiles e ferramentas,…etc.
AMARCARRIL

miércoles, 7 de noviembre de 2018

Samaín e Magosto no colexio


O equipo de actividades extraescolares e complementarias agradece a toda a comunidade educativa a súa colaboración na celebración do Samaín e do Magosto.






Magosto e Samaín

miércoles, 31 de octubre de 2018

Os nosos gañadores do Samaín.....

Cartel gañador de Lara Blanco

"Non xogues" 1º premio 5º e 6º de E.P.


"Con secuencias" 1º premio ESO

"O samaín en Infantil" 


"O colexio en Samaín" 



"Teatro Samaín 2018"

"Un ollo de vidro"


"E F Enfeitizada s"



Relatos gañadores
Relato gañador da modalidade de 3º e 4º de E. Primaria: "O esqueleto do Samaín", de Tomás Melón Rodríguez
Relato gañador da categoría de 5º e 6º de E. Primaria: "O trasno de San Xulián", de Helena García Tocino
Relato gañador da categoría da categoría da ESO: "Conta atrás", de Blanca García Mosquera de 2º ESO A

jueves, 25 de octubre de 2018

Flipa con contos...Mar adiante


Tocoulle a quenda aos alumnos de 5º e 6º de E. P.
 O contacontos foi Fran, xunto coa súa marioneta, a señora Filipa.
Narración, teatralización, musicalización....A protagonista é María Victoria Moreno e o seu libro “Mar adiante”, adaptando contos incluídos nesta obra e contos populares, sen esquecer, a música en directo, “conto-cantados”, xogos e ...bo humor.






miércoles, 24 de octubre de 2018

Día da biblioteca






Día da biblioteca

Os alumnos de 1º e 2º de ESO foron á biblioteca municipal para conmemorar o día da biblioteca. “Autores da literatura de ciencia ficción e científicos” conflúen neste obradoiro e danlle forma a unha actividade para comprender o concepto de flotabilidade. Jules Verne, Arquímedes e Antonio Sanjurjo Badía introdúcenos na idealización e construción dun submarino. Unha actividade ideal para promover o interese pola lectura, a ciencia e o traballo en equipo.


Obradoiro de submarinos

viernes, 19 de octubre de 2018

Comechíns, segundo prato

O mércores foron os alumnos de 3º e 4º de E.P. á biblioteca municipal. Neles mergulláronse nun mundo imaxinario no que descubriron como a lectura pode abrir o apetito…E sobre todo, que cousas convén comer para sacialo.








miércoles, 17 de octubre de 2018

Big van ciencia


Sónanvos os seguintes termos?
Pseudociencias, biotecnoloxía, crispr, big van ciencia, unidade de información, código blinario, bit, comunicación electrónica, habilistoso, homo habilis, conocimiento científico, dogma científico, experimento, Heidi Lamar y el wifi, a enerxía non se gasta solo se transforma……..
Os departamentos de ciencias do colexio organizaron unha charla científica na biblioteca e viñeron tres monologuistas de Big Van Ciencia.
Impresionante!!!!


Big van ciencia

jueves, 11 de octubre de 2018

Libros para coidar a terra

A ciclobiblioteca chegou á biblioteca municipal cargada con libros para coidar a terra e co ciclobibliotrecario Anxo Moure que lles contou aos alumnos de Infantil 4 e 5 anos do colexio historias dos seus libros que lles ensinaron a amar e coidar a terra.Libros para coidar a terra

viernes, 5 de octubre de 2018

Unha árbore vén a vernos

Os nenos de Infantil 3 anos foron á biblioteca municipal para ver as árbores que chegaron.  Os teixos, os freixos, as bidueiras, as  aciñeiras, os buxos…, viñeron para contar as súas historias, para aprender a abrazalas, a coidar bosques, fragas, soutos…, para plantar  unha árbore que conte  contos, en defensa do futuro.

Unha árbore ven a vernos

jueves, 27 de septiembre de 2018

Un banquete con moito conto



Alguén estivo algunha vez nun restaurante? De ser así, desta vez foi diferente.
Os nenos de 1º e 2º de E.P. asistiron a un obradoiro na biblioteca municipal, onde tiveron a oportunidade de entrar nun restaurante moi especial, no que a imaxinación e os libros foron os ingredientes principais dos pratos a degustar. Mentres que as cores, os debuxos e a improvisación formaron parte dun decorado único e irrepetible.



Un banquete con moito conto

miércoles, 26 de septiembre de 2018

VI concurso de relatos e vídeos de terror



Un ano máis, a Biblioteca e o EDLG do CPI de Pontecesures anímanvos a que compartades as historias máis arrepiantes que se vos ocorran a través da participación neste concurso que se celebrará arredor da celebración do Samaín, unha antiga tradición que conmemora a visita dos mortos ao mundo dos vivos na noite do 31 de outubro, data de comezo do aninovo celta.
As bases que rexerán o concurso son as seguintes.
1. Os relatos e vídeos, orixinais e inéditos, estarán en lingua galega.
2. A temática xirará arredor de historias de misterio e terror.
3. Haberá seis categorías, con cadanseu premio para a modalidade de vídeo e de relato:
a.   Infantil
b.   1º ciclo:
c.   2º ciclo
d.  3º ciclo
e.   ESO
4. Os relatos terán unha extensión máxima de catro folios por unha cara, manuscritos ou mecanografados. Na modalidade de audiovisual, a curtametraxe gravada terá como máximo cinco minutos de duración.
5. Cada titor/a de infantil e primaria e o profesor de lingua galega de ESO seleccionará os tres mellores traballos de cada aula e entregarallos ao coordinador do ENDL antes do venres 19 de outubro.
6. O xurado do certame estará integrado por profesorado colaborador do ENDL e da Biblioteca.
7. O fallo do xurado farase público en cadanseu acto para primaria e secundaria na biblioteca do centro o martes 30 de outubro, ao que poderán acudir todos os participantes.
8. A participación neste concurso implica o consentimento do/a autor/a para a divulgación da obra presentada nos blogs de normalización e da biblioteca.
9. A participación neste certame implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.

jueves, 20 de septiembre de 2018

COMENZAMOS


O mar é todo! O seu alento é puro e san.É o inmenso deserto en que o ser humano nunca está só, pois sente como se estremece a vida ao seu redor. O mar é o vehículo dunha sobrenatural e prodixiosa existencia; é movemento e amor; é o infinito vivente.
Vinte mil leguas debaixo dos mares, Jules Verne.

miércoles, 20 de junio de 2018

Cocer e cantar


Estivo Viravolta no Colexio e presentounos "Cocer e Cantar" para os alumnos de Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de E. Primaria.
Pasarono moi ben!!!!



viernes, 25 de mayo de 2018

As letras delas

As letras Delas E. Infantil

As letras Delas 1º E Primaria

As letras Delas 2º E Primaria

As letras Delas 3º e 4º E Primaria


As letras Delas 5º E Primaria


As letras Delas 5º E Primaria

As letras Delas 6º E Primaria


miércoles, 23 de mayo de 2018

Os tritóns


Na clase de 1º de Primaria tiveron unha visita particular. O pai de Darío trouxo 2 tritóns e o resultado foi ….

miércoles, 9 de mayo de 2018

Día de Europa


Os calendarios escolares de cada ano sinalan varios días especiais que os centros deben ter en conta para programar actividades didácticas. Un dos días que se propoñen é hoxe, Día de Europa. No colexio este curso celebramos e recordamos Europa todo o ano xa que este é o noso proxecto anual. De aí que durante o curso tivésemos actividades dedicadas a reafirmar a nosa pertenza  a unha comunidade de nacións e pobos cos que compartimos cidadanía, cultura e historia. Somos europeos porque queremos ser europeos e estamos dispostos a compartir cada vez máis cousas entre todos.
O 9 de maio de 1950 quedou sinalado no calendario da historia como o día do nacemento de Europa, a pesar de que non se asinou nese día ningún tratado, Robert Schuman, Ministro de Exteriores dixo :<<A paz mundial só pode salvagardarse mediante esforzos creadores proporcionados aos perigos que a ameazan>>. Esta proposta, coñecida como declaración Schuman, considérase  a semente do que actualmente é a Unión Europea.