Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

jueves, 21 de noviembre de 2013

viernes, 18 de octubre de 2013







I CERTAME DE RELATOS DE TERROR

O ENDL e a Biblioteca do CPI de Pontecesures anímanvos a que compartades as historias máis arrepiantes que se vos ocorran a través da participación neste concurso que se celebrará arredor da celebración do Samaín, unha antiga tradición que conmemora a visita dos mortos ao mundo dos vivos na noite do 31 de outubro, data de comezo do aninovo celta.
As bases que rexerán o concurso son as seguintes:
1. Os relatos, orixinais e inéditos, serán redactados en lingua galega.
2. A temática xirará arredor de historias de misterio e terror.
3. Haberá seis categorías con cadanseu premio:
a) Infantil
b) 1º ciclo:
c) 2º ciclo
d) 3º ciclo
e) ESO
f) Modalidade de participación audiovisual, cunha curtametraxe gravada nun máximo de cinco minutos.
4. A participación de infantil e 1º ciclo de primaria poderá ser cun relato breve ou a través de narracións baseadas en debuxos que incorporen algunha palabra ou texto breve en galego. Nos demais niveis os textos terán unha extensión máxima de catro folios por unha cara, manuscritos ou mecanografados.
5. Cada titor/a de infantil e primaria e o profesor de lingua galega de ESO seleccionarán os tres mellores traballos de cada aula e entregaranllos ao coordinador do ENDL antes do 25 de outubro.
6. O xurado do certame estará integrado por profesorado colaborador do ENDL e da Biblioteca.
7.O fallo do xurado farase público a través do blog do equipo (www.blogoteca.com/trasnoparoleiro) e o blog da Biblioteca (bibliocesures.blogspot.com) o día 30 de outubro.
8.A entrega de premios terá lugar en cadanseu acto na biblioteca do centro nun recreo de primaria e noutro de secundaria ao que poderán acudir todos os participantes.
8. A participación neste concurso implica o consentimento do/a autor/a para a divulgación da obra presentada nos blogs de normalización e da biblioteca, así como na revista escolar O voceiro do Piñeiro manso.
9. A participación neste certame implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.

viernes, 11 de octubre de 2013

La canadiense Alice Munro gana el Nobel de Literatura 2013

La escritora tiene 82 años y es una celebrada autora de relatos como "Demasiada felicidad". Es conocida por sus historias ambientadas en contextos pequeños que plantean dilemas morales y reflexionan

Obra:
  • Las lunas de Júpiter
  • El progreso del amor
  • Amistad de juventud
  • Secretos a voces
  • El amor de una mujer generosa
  • Odio, amistad, noviazgo, amor, matrimonio
  • Escapada
  • La vista desde Castle Rock
  • Demasiada felicidad
  • Mi vida querida  

jueves, 3 de octubre de 2013


EMPEZAMOS !!!!!!!!!!!!!!!

O lema elixido para este ano, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado.


miércoles, 29 de mayo de 2013

O 31 de maio será a data para a cita anual dos coordinadores e coordinadoras dos clubs de lectura que están a funcionar en 222 centros de ensino público de Galicia no presente curso. Será xa a VI Xornada dos Clubs de Lectura, que terá lugar en sesións de mañá e tarde nas instalacións da EGAP (Escola Galega de Administración Pública). 
Ao longo da xornada haberá ocasión para o encontro e o intercambio de experiencias; tamén está prevista a participación de Gemma Lluch, especialista en Literatura Infantil e Xuvenil, membro do grupo de investigadores ERI Lectura, da Universitat de Valencia. haberá un espazo para falar da "lectura social", a tendencia actual de intercambio de experiencia lectora a través das redes sociais, coa presenza dun dos impulsores de Redelibros, a rede social galega do libro, Xosé R. Lois. Poñerá fin á xornada o escritor Marcos Calveiro, un autor moi valorado polos lectores e as lectoras e con múltiples recoñecementos pola súa obra dentro e fóra de Galicia.
A VI Xornada dos Clubs de Lectura é unha oportunidade para coñecer as múltiples actividades que están levando a cabo os grupos de lectura creados en centros educativos de Galicia, que van constituíndose pouco a pouco e grupos de dinamización da lectura nas súas comunidades educativas de referencia, establecendo vínculos con outros grupos de lectores e contribuíndo a unha maior presenza dos libros e da lectura na vida social galega. Os clubs de lectura son unha das fórmulas de fomento da lectura coa xente nova, e cos adultos (preto dun 30% dos centros implicados teñen tamén grupo de lectura de adultos) , que máis contribúe á consolidación deste hábito, e á adquisición de competencia lectora (entre outras), esencial para a formación persoal e directamente relacionada co éxito académico. 

miércoles, 15 de mayo de 2013

TELEXORNAL DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO



 
O CPI Dices agasállanos cun Telexornal  Vidal Bolaño, unha forma xeitosa de aprender e coñecer mediante un traballo moi ben feito

viernes, 10 de mayo de 2013




Aquí tedes dous enlaces con información sobre este dramaturgo, actor e escritor, para os que queirades ir traballando nas aulas sobre el.



Roberto Vidal Bolaño

Real Academia Galega

viernes, 3 de mayo de 2013


 GAÑADORES DO V CONCURSO LITERARIO DO DIA DO LIBRO

 
Diego Temperán 2ºB

 




Icia García 3ºA













Mª Vieites 4ªA



             Laura Navarro 5ºA


                 Lucía Pardal 6º

jueves, 25 de abril de 2013


V  CONCURSO



 LITERARIO





 DIA DO LIBRO



CPI PONTECESURES



EQUIPO DINAMIZACIÓN DE BIBLIOTECA                                        




  
Como todos os anos, dende a biblioteca escolar , convocouse o Concurso Literario do Día do Libro, que xa transcorre pola súa 5ª edición. Agradecemos a vosa participación e o interese amosado.


Despois de moito deliberar, nesta ocasión os traballos seleccionados en cada unha das seguintes categorías foron os seguintes:





                  


    



                                         
Conto "Salvando el mundo" Diego Temperán Potel 2º B
   






Poesía de Icía García 3º  A  





María Vieites 4ºA


              



 Conto de Laura Navarro 5ºA




Lucía Pardal 6º










viernes, 22 de febrero de 2013


 No principio foi o verso.....

150 aniversario de CANTARES GALEGOS, o libro que marca o comenzo da Galicia contemporánea













jueves, 14 de febrero de 2013

jueves, 7 de febrero de 2013



Ante o recente empeño de uniformizar tamén as festas do entroido, converténdoas nun espectáculo similar en calquera punto do planeta, en Galicia perviven aínda moitas tradicións peculiares que non perderon a autenticidade que tiñan tempo atrás. Fronte a un entroido globalizado, inzado de desfiles de comparsas que compiten por un premio outorgado por tal ou cal concello, onde os demais se converten en meros espectadores case televisivos, o trasno reivindica o que a nosa festa ten de participación popular, diferente e irreverente.

 Este ano, dado que a biblioteca do centro organizou un traballo interdisciplinar arredor do río Ulla, dende o equipo de normalización decidiron dar a coñecer o entroido tradicional máis próximo a nós, o dos XENERAIS DA ULLA Neste enlace atoparedes información sobre como se desenvolve o entroido nesta comarca.