Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

martes, 29 de octubre de 2024

Magosto 2024

Un ano máis celebramos o magosto compartindo castañas toda a comunidade educativa.

Magosto 2024


viernes, 25 de octubre de 2024

Lecturas na biblio

Os alumnos de 1º de Primaria acompañados pola súa profe empezan a asistir de maneira asidua á biblioteca e parece que disfrutan do espacio e dos libros que hai....



jueves, 24 de octubre de 2024

Día das bibliotecas

 Celebramos o día das bibliotecas

con unha actividade na biblioteca municipal para 1º e 2º de Primaria dentro da actividade de Ler conta moito "A loba Antea".

Nun tramo do Camiño de Santiago atópase a loba Antea. Unha loba encargada de coidar os nosos montes, pero ademáis diso...é unha loba artista, acróbata e equilibrista. Antea coñecerá a Sabela e xuntas aprenderán a reutilizar o lixo convertendo o noso monte nun auténtico escenario de circo e atoparán solución para salvar o planeta.

Ler conta moito 1º e 2º


domingo, 20 de octubre de 2024

Da árbore ao libro

 O alumnado de 3º de Primaria participou no taller  da árbore ao libro o cal forma parte da actividade "Ler conta moito" na biblioteca municipal, no cal puideron aprender de primeira man como se fai un libro e as persoas que están implicadas no proceso.

Da árbore ao libro 2024-25

viernes, 18 de octubre de 2024

A viaxe do libro

 Os alumnos de 6º de Primaria acompañados polo seu tutor foron á biblioteca municipal para participar no obradoiro "A viaxe do libro" impartido polas persoas que foman parte da editorial Cuarto de Inverno as cales lles explicaron como era o proceso que vive unha obra literaria dende que é unha idea ata que se converte nun libro.

A viaxe do libro 2024

jueves, 17 de octubre de 2024

A nena do vestido de flores

O alumnado de 4º e 5º foi á biblioteca municipal  a unha actividade do "Ler conta moito" .

A actividade consisteu nun contacontos con posterior dramatización para que resultase máis ameno e un taller sobre o libro "A nena do vestido de flores" para concienciar sobre as discapacidades e dar a conecer o autismo.

A nena do vestido de flores 2024