O alumnado de 2º de Primaria "A clase dos Monstros melosos" fixo este comic sobre o coronavirus
Nova andaina
viernes, 26 de febrero de 2021
miércoles, 24 de febrero de 2021
domingo, 21 de febrero de 2021
viernes, 19 de febrero de 2021
Fai viral a Rosalía,,,,estamos en marcha
Agora toca visualizar e facer que Rosalía se volva viral. Mira os vídeos tantas veces como queiras, reenvíallos aos teus amigos e familiares, e fai que esta semana Rosalía volva ao presente.
Podes ver os vídeos visitando a canle de youtube do EDLG do CPI de Pontecesures.
Ou entrando nas diferentes listas de reprodución:
Tamén podedes ver este vídeo Rosalía de Castro. Feminista en la sombra
viernes, 12 de febrero de 2021
jueves, 11 de febrero de 2021
Embarcados no entroido
Neste entroido tan diferente quixemos alonxarnos destes lares e, o alumnado de Educación Infantil e Primaria, embarcámonos na Perla Negra xunto con Jack Sparrow.
Foi moi especial ser piratas por un día e erguer as nosas armas para
dicir ben forte: NON VAS PODER CON NÓS!
Fai viral a Rosalía
O 24 de febreiro de 1837 nace unha nena en Santiago, a que chamarán María Rosalía Rita, que se convertirá en estandarte da nosa lingua e cultura, polos séculos dos séculos, baixo o nome de Rosalía de Castro.
Se queredes saber máis sobre a súa apaixoante e complexa vida, visitade a páxina da Fundación Rosalía de Castro.
Desde xa fai uns anos o 24 de febreiro pasou a ser o día de Rosalía.
Como non podía ser
doutra maneira no noso centro queremos celebrar este día, escoitando as verbas
da homenaxeada, na voz dos nenos e nenas de Pontecesures.
Por iso, xurdiu a seguinte proposta:
E para ir inspirándovos:
"Tecín soia" de A banda da Loba
miércoles, 10 de febrero de 2021
A carta do burro
O Entroido xa está aquí, este ano, de xeito diferente. Sin festivais, desfiles, comparsas,... Pero hai tradicións desta época, que non podemos deixar delado. Dende Normalización lingüistica propoñen
" A carta dos burros"
Aínda que non podemos compartilas ou pasalas duns a outros , podemos expoñelas e deleitarnos coas rimas enxeñosas do alumnado, distribuidos polas portas e corredores do centro.
viernes, 5 de febrero de 2021
martes, 2 de febrero de 2021
Maletas de igualdade e inclusión
Dende o departamento de orientación solicitáronse unhas maletas de libros para traballar a igualdade en Primaria e a inclusión en Secundaria.
Podedes ver a exposición na biblioteca