O 24 de febreiro de 1837 nace unha nena en Santiago, a que chamarán María Rosalía Rita, que se convertirá en estandarte da nosa lingua e cultura, polos séculos dos séculos, baixo o nome de Rosalía de Castro.
Se queredes saber máis sobre a súa apaixoante e complexa vida, visitade a páxina da Fundación Rosalía de Castro.
Desde xa fai uns anos o 24 de febreiro pasou a ser o día de Rosalía.
Como non podía ser
doutra maneira no noso centro queremos celebrar este día, escoitando as verbas
da homenaxeada, na voz dos nenos e nenas de Pontecesures.
Por iso, xurdiu a seguinte proposta:
E para ir inspirándovos:
"Tecín soia" de A banda da Loba
"Castellanos de Castilla" por MJ Cover
"Adiós ríos, adiós fontes" de Astarot
No hay comentarios:
Publicar un comentario