Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

jueves, 22 de diciembre de 2022

Nadal 2022

Chegou o Nadal ao cole e chegou a decoración navideña, os paxes, o festival......

Nadal 2022 Os nosos paxes

No centro recibimos unha visita con moito ritmo, Guille un dos compoñentes do grupo de rock compostelán Sr Salvaje.

Comezou por realizar unha charla con rapaces e rapazas da ESO, para rematar dando un concerto en compaña dalgún deste alumnado, asi como cós mestres de música do centro, Andrea e David, a mañá estivo moi animada. Ata tivo club de fans!









Feliz Nadal!!!!!!

miércoles, 21 de diciembre de 2022

Actividades compartidas

Este curso, continuamos compartindo....

experimentos
recitado de poemas 
contacontos
teatro

Así, o alumnado de 1º foi á Infantil e a aula de 2º a contarlles o conto "Unha vella e un vello" de Neves Estévez e Pepe Carreiro.


O alumnado da área de Valores de 2º, preparou unha peza de teatro e representáronna para o alumnado de Infantil, 1º e os seus compañeiros de clase. 

Na obra puideron ver como todos podemos facer cousas, aínda que nos parezan difíciles, que non debemos facer caso ante as críticas negativas ou burlas dos demáis, hai que seguir adiante xa que todos levamos un ser valente dentro.




martes, 20 de diciembre de 2022

Recibimos postais do alumnado de Catoira

Nadal é tempo de compartir, de emocións, sobre todo, e ledicia. Coma a que nos provocou a chegada de postais do alumnado de 2º de Primaria do CPI Progreso de Catoira, correspondendo así ás que lles enviaran a semana pasada os de Pontecesures.

Bo traballo rapaces e rapazas! 

Entre todos lograremos que o galego permaneza vivo, rebulindo entre nós, levando nos beizos os mellores desexos, da maneira máis tenra e fermosa, en formato postal creada e realizada coas vosas propias mans, coa vosa letra, coa vosa voz, coas vosas emocións.



Parabéns para tod@s e graciñas.

Cantos de Nadal

O alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria tivo unha charla-obradoiro musical sobre cantos de Nadal  por parte da Asociación  Cultural Algueirada.

Coñeceron instrumentos  como a gaita, o acordeón, o tambor,...así como as panxoliñas propias deste tempo de Nadal, tradicionais da nosa terra:

os Nadais do 24 de decembro
as rondas do 25 ao 30 de decembro
aninovos e aguinaldos
manueles
xaneiras
cantos de reis

Tamén escoitaron e viron unha danza de Reis, que representaron Lara e Paula.

O noso agradecemento aos compoñentes de Algueirada polo seu bo facer con esta proposta e por manter viva a nosa tradición.






martes, 13 de diciembre de 2022

Postais de Nadal para Catoira e a Illa

Dentro do proxecto " PALABRAS QUE VEÑEN E VAN"  nas postais de Nadal tamén van fermosas palabras en galego para felicitar estas festas e o vindeiro ano 2023, ós colegas de Catoira e da Illa de Arousa. 

As nosas postais chegaron a Catoira

Queremos aproveitar estas fermosas imaxes para felicitar a toda a comunidade educativa do noso centro, alumnado, profesorado, persoal non docente (administrativa, conserxe, limpadoras), familias e veciños e veciñas do noso Concello, porque todos forman parte do plan educativo das futuras xeracións, actual alumnado do centro.





que o vindeiro ano 2023 veña cargado de SAÚDE, PAZ, PROSPERIDADE e MOITO AMOR e que o poidamos compartir cós nosos seres queridos

sábado, 10 de diciembre de 2022

Palabras que veñen e van

Baixo o título " PALABRAS QUE VEÑEN E VAN" agóchase o proxecto da Biblioteca do centro este curso e os diferentes grupos realizan propostas arredor desta liña de traballo.

Este proxecto, é ideal para desenvolver o obxectivo que figura no Proxecto lingüístico de centro: Vincular o galego a outras manifestacións culturais que forman parte da identidade dos galegos, lembrando o seu valor como legado cultural de todas as xeracións que nos precederon e como vestixio vivo da diversidade de pobos que conformaron a nosa idiosincrasia colectiva.

No mes de outubro comenzou a aula de 2º ("a clase das piruletas") a facer actividades con moita ilusión, por exemplo:

Compartir / intercambiar propostas “ Palabras que veñen e van”, entre as distintas clases do centro e con outros centros da contorna ( CEIP Torre- Illa de Arousa e CPI Progreso- Catoira). Por ex: Palabras encadeadas, contos enlazados, as palabras máis fermosas...

Para levar a cabo esta proposta intercentros, usaránse distintos medios de comunicación: carta/ correo postal, correo electrónico, whatsapp, videochamadas e por suposto, os blogs dos distintos centros.

Comenzaron escribindo unha carta para ámbalas dúas aulas de 2º dos centros implicados neste proxecto, enviando no mesmo sobre a 1ª palabra da cadea. Despois foron recibindo as cartas coas segundas palabras, e así seguirán ata facer unha cadea de alomenos 20 palabras.






miércoles, 7 de diciembre de 2022

O bosque desencantado

No día de hoxe, o alumnado de 3º e 4º de Primaria, puido gozar na biblioteca coas aventuras de dous seres máxicos, Terra e Auga, coa obra "O bosque desencantado", da man de dúas actrices do grupo "PEGADAS CULTURAIS"

Terra e Auga embarcaron ós rapaces nunha aventura a través da cal foron coñecendo conceptos como os cortalumes naturais, as especies invasoras e autóctonas de Galicia (tanto de flora como de fauna)... Durante a obra o alumnado formou parte activa da aventura recoñecendo os distintos elementos, resolvendo misterios-problemas que acontecen no bosque, recollendo o lixo do río, etc...

A proposta foilles amena, divertida, e sobre todo, provocou neles unha mellor concienciación sobre os problemas que nos lle podemos provocar á natureza e  a importancia que ten esta para nós.







miércoles, 30 de noviembre de 2022

3º ESO canta

Os alumnos de 3º ESO deleitannos con "No puedo vivir sin ti" dos Ronaldos.

Temos futuro..........



 

sábado, 26 de noviembre de 2022

Charlas do plan director

 Os alumnos de 6º de Primaria e 1º de ESO asitiron onte a unha das charlas programadas para eles dentro do Plan Director de Centro.










viernes, 25 de noviembre de 2022

25 de Novembro

Celebramos o día contra a violencia machista con diversos actos:

As alumnas de 4º de ESO realizaron o cartel conmemorativo do día

Mural 4º ESO


O acto máis significativo realizouse no ximnasio do colexio onde nos reunimos alumnos e profesores para celebrar un pequeno acto que comenzou coa lectura dun manifesto por parte de alumnos de Primaria.

Hoxe 25 de novembro, as alumnas e alumnos do CPI de Pontecesures reunímonos para declarar o noso espazo de traballo, as nosas aulas e o noso centro como: 

"ESPAZO LIBRE DE MACHISMO"

As nenas e nenos deste cole comprometémonos a:

  • Tratar a todas as nenas e nenos por igual sen discriminar a ninguén por causa do seu sexo.
  • Estaremos atentas e atentos e contaremos á nosa titora ou titor calquera trato desigual que poida sufrir algunha das nosas compañeiras por causa do machismo e trataremos de darlle unha resposta entre todas e todos.
  • Comprometémonos a axudar na casa para que as tarefas do fogar sexan compartidas por todas as persoas que viven nelas.
  • Denunciaremos calquera actitude machista que vexamos no noso cole e tamén avisaremos á nosa titora ou titor.

Por todo isto, e porque queremos ESTUDAR nun ambiente onde se cumpra a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, na que se di que todas as persoas temos os mesmos dereitos e liberdades sen distinción algunha de sexo, declaramos a nosa escola:

ESPAZO LIBRE DE MACHISMO

Os alumnos de Secundaria tamén leron o seu manifesto:

Tamén nós nos comprometemos, deste xeito, a estar atentas e atentos para garantir os dereitos e liberdades das compañeiras e compañeiros que formamos parte deste centro.

Nomeadamente, a partir de hoxe, denunciaremos calquera situación de trato desigual ou vexatorio que poidan sufrir as nosas compañeiras, facéndollo saber á nosa titora ou titor. Do mesmo xeito non toleraremos ningunha actitude machista na nosa aula e trataremos de dar unha resposta conxunta para eliminar calquera tipo de comportamento machista no noso centro.

Dende a nosa xuventude e ilusión queremos aportar a nosa forza e motivación para construir unha sociedade onde non haxa diferenzas entre homes e mulleres.

Por todo isto, e porque queremos ESTUDAR nun ambiente onde se cumpra a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, na que se expón, no seu artigo 2, que todas as persoas temos os mesmos dereitos e liberdades sen distinción algunha de sexo, declaramos oficialmente as nosas aulas e o noso centro

                            ESPAZO LIBRE DE MACHISMO



Acto 25-N 

Co mesmo motivo, dende a biblioteca preparamos unha pequena exposición de libros relacionados con esta temática para concienciar máis ao noso alumnado.


O departamento de plástica en inglés fixo un mural 


O xoves 24 de Novembro visitounos, na Biblioteca do CPI Pontecesures, María Pérez, do grupo Fillas de Cassandra.
O alumnado de 4° e 5° tivo a oportunidade de entrevistala e conversar con ela sobre a súa traxectoria como música e o tema 'Lisístrata', traballado nas aulas de múica de Primaria con motivo do 25N.
Finalmente, María puido ver a coreografía que os nenos e nenas de 5° tiñan preparada para o día seguinte, no que actuaron trala lectura do manifesto do Día para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

O venres 25 xuntámonos todo o alumnado de EI, EP e a ESO para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Trala lectura do manifesto, onde declaramos o noso centro ESPAZO LIBRE DE MACHISMO, a aula de 5º agasallounos coa súa coreografía sobre "Lisístrata", para varrer fóra das nosas vidas toda a violencia.








jueves, 24 de noviembre de 2022

Las tres mariposas

No corredor de secundaria, e con motivo do 25 de novembro, os alumnos expuxeron o seu traballo sobre as irmáns Mirabal, coñecidas como Las Mariposas, e no seu honor conmemorase o 25 de novembro.




Visita de María Pérez

María Pérez, integrante do grupo Fillas de Cassandra tivo un encontro co alumnado de 4º e 5º de Primaria na Biblioteca 

Os alumnos tiveron a oportunidade de entrevistala e conversar con ela sobre a súa traxectoria como músicae o tema 'Lisístrata', traballado nas aulas de múica de Primaria con motivo do 25N.

Finalmente, María puido ver a coreografía que os nenos e nenas de 5° tiñan preparada para o día seguinte, no que actuaron trala lectura do manifesto do Día para a Eliminación da Violencia contra a Muller.








martes, 22 de noviembre de 2022

Teatro en Santiago

Os alumnos de 1º e 2º de ESO foron ao teatro ao Colexio de La Salle a ver "El asesinato del profesor de matemáticas" acompañados por profesores do centro.

Tiveron unha mañá entretida.











sábado, 19 de noviembre de 2022

Curso novo....reformas...

Este ano temos un novo equipo de biblioteca e estamos dándolle unha pequena volta ás cousas.

Hai que cambiar, ordenar, expurgar, recolocar.....e incluso pintar, si, si, pintar....xa veredes os cambios pero pouco a pouco que hai pouco tempo e moito traballo.

Hai que dar as gracias a todos os alumnos que de xeito voluntario están colaborando.