Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

martes, 22 de diciembre de 2020

Bo Nadal e Feliz 2021

 




Un festival distinto: O crebanoces

 Ante a imposibilidade de reunirnos todos os cursos para celebrar o Festival de Nadal como nos cursos pasados, a proposta do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares foi a gravación dun conto musicado: O Crebanoces, contando con todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.

A música que soa pertence ao ballet de Chaivkosky, que a súa vez se basea nun conto de Hoffman ambientado na Noite de Nadal, de aí esta elección.

Agradecer a colaboración da teacher Ana e Lindsay na realización de todas as manualidades para a posta en escea.

Ademais, esta actividade interdisciplinar está directamente vinculada co proxecto anual elixido para o PLAMBE que leva por título "A música no cine".

Agardamos que vos guste e noraboa a todas e todos os artistas participantes!



martes, 15 de diciembre de 2020

Esperando o Nadal

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, xunto coas súas familias, colaboraron coa mestra Guada para amosarnos a ilusión coa que están a esperar o Nadal. Esperamos que vós teñades as mesmas ganas de gozar destas festas.






miércoles, 9 de diciembre de 2020

Despedindo o outono

A piques de cambiar de estación o alumnado de Educación Infantil quixo darlle unha magnífica despedida. Aí van os traballos deste alumnado que, xunto coas súas familias, traballou duramente para poder facer este peche de estación.

Felicitacións aos artistas

!

 

jueves, 3 de diciembre de 2020

Día da discapacidade


Lorenzo non é coma os demáis, arrastra un cazo que lle impide facer o que a todos lles resulta do máis fácil. Ningén entende porque Lorenzo non é capaz de facer o que eles fan...


As nenas e nenos de 1º Primaria participaron no día da discapacidade cos seus debuxos inspirados no corto de animación "Cuerdas".