Nova andaina
domingo, 30 de octubre de 2022
Lecturas compartidas
sábado, 29 de octubre de 2022
Samaín 2022
viernes, 28 de octubre de 2022
Gañadores do "ESTÁ DE MEDO"
Celebramos a 1ª edición de "ESTÁ DE MEDO"
INFANTIL recibiu un vale polos terroríficos traballos que fixeron
En PRIMARIA os corredores apareceron cheos de ilustracións terroríficas elaboradas con moita creatividade.
O xurado, composto por alumnado de ESO, tivo bastante difícil a elección pero finalmente decidiron que os que merecían o agasallo (un vale de 20€ )serían:
- Xián de 2º (entre 1º e 2º)
- Helena de 3º (entre 3º e 4º)
- Emily de 6º (entre 5º e 6º)
En SECUNDARIA os traballos presentados polo alumnado foron de gran calidade, con imaxinación, creatividade e moita técnica.
O xurado estivo composto por profesorado do centro e tivo complicado elixir aos 2 premiados.
Os traballos que acadaron o agasallo sorpresa (bono para 1 carreira nos karts de Valga) foron:
- Brais B.R. de 2º A (entre 1º e 2º)
- Mara F.L. de 4º (entre 3º e 4º)
Noraboa a todos!!!!!!
lunes, 24 de octubre de 2022
Dia da biblioteca
Celebramos o día das bibliotecas indo á biblioteca municipal para aprender a facer un podcast.
Dentro do programa Ler conta moito, os alumnos de 6º tiveron a oportunidade de aprender a crear un podcast. Así aprenderon a redactar, locutar, gravar e editar un podcast con técnicas de locución, teatro, dobraxe, lectura interpretativa, modulación da voz, vocalización e locución.
jueves, 20 de octubre de 2022
Terroríficas. Historias do terror
Os alumnos de 5º de Primaria foron á biblioteca municipal para participar no obradoiro Terroríficas, que combina a lectura e a escritura de relatos de terror, xa que temos moi preto o Samaín.
Viaxaron a través de distintas autoras (Cris Pavón, Uxía Casal, Paula Carballeira, Mary Shelley, Shirley Jackson, Pilar Pedraza...) pola literatura do medo e do misterio, o que lles permiteu construir o seu propio relato terrorífico.
domingo, 16 de octubre de 2022
Samaín está de medo
Desde o EDLG propoñen as seguintes actividades para este mes.
PARA INFANTIL E PRIMARIA
ESTÁ DE MEDO!!
1ª EDICIÓN
Achégase o tempo do Samaín, unha antiga tradición que conmemora a visita dos mortos ao mundo dos vivos na noite do 31 de outubro, data de comezo do aninovo celta. Desde o Equipo de Dinamización de Lingua Galega do CPI de Pontecesures queremos propoñervos unha fascinante aventura:
- Realiza unha portada ilustrada do libro de medo que lestes na aula, bótalle imaxinación.
- Na portada debes incluir o título, o autor e o lema “Está de medo!!”.
- Por detrás da portada debes poñer o teu nome, os apelidos e o curso.
- A ilustración máis arrepiante e creativa podería obter unha “sorpresa terrorífica”.
- O tamaño do papel terá que ser A - 3 pero o resto do material e a técnica que empregues para facer a portada é de libre elección.
- Os traballos serán expostos no corredor do centro durante a semana do 24 ao 28 de outubro.
ESTÁ DE MEDO!!
1ª EDICIÓN
Achégase o tempo do Samaín, unha antiga tradición que conmemora a visita dos mortos ao mundo dos vivos na noite do 31 de outubro, data de comezo do aninovo celta. Desde o Equipo de Dinamización de Lingua Galega do CPI de Pontecesures queremos propoñervos unha fascinante aventura:
- Elixe un título da lista de libros ou relatos.
- Realiza unha portada ilustrada do libro ou relato que escolliches, pon o título e o autor. Bótalle imaxinación.
- Na portada debes incluir o lema “Está de medo!!”.
- Por detrás da portada debes poñer o teu nome, os apelidos e o curso.
- A ilustración máis arrepiante e creativa podería obter unha “sorpresa terrorífica”.
- O material e a técnica que empregues para facer a portada é de libre elección. Sigue as recomendacións do/a profesor/a de plástica.
- Os traballos serán expostos no corredor do centro durante a semana do 24 ao 28 de outubro.
** Calquera dúbida falar co profesorado de Dinamización da Lingua Galega.
LISTADO DE LIBROS/RELATOS A ESCOLLER
1. Dos arquivos do trasno, Rafael Dieste
Vai da morte, de espíritos, de sucesos estraños...
Un trasno ou trasgo é unha criatura imaxinaria, unha especie de demo invisíbel, propia da tradición popular galega e do norte de Portugal. Denomínase tamén diaño, entendido como ente distinto do demo e nunca tan maligno como este.
Adoita ser de hábitos nocturnos e serve para explicar sucesos de causa aparente descoñecida, sobre todo sucesos accidentais que comportan un dano non grave. Así, o trasno argalla para facer que rompa a louza, que se perdan as chaves, que caia un valado, que se leen os novelos que estea fiando unha moza etc. Pero o trasno tamén pode andar detrás dunha persoa e seguila a todas partes. Ás veces toma forma animal (coma un cabalo ou un can abandonado etc.)
2. Cando petan na porta pola noite, Xabier P. DoCampo
Lémbranos os nosos medos que criamos especiais: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chamaba a andar e ía borrando as nosas pisadas co risco de perdernos, a brétema que non nos deixa enxergar que seres se ocultan...
3. Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, Castelao
A vida de ultratumba... Para que lle servirá un ollo de vidro a un esquelete no outro mundo?
4. Cartas de inverno, Agustín Fernández Paz
Adrián escribiu unhas cartas contando as cousas que lle sucederon mentres viviu nunha casa embruxada... O seu amigo está a lelas agora...
5. Aire negro, Agustín Fernández Paz
Unha muller coa memoria borrada que está nun psiquiátrico...
6. Á lus do candil, Ánxel Fole
Historias de misterio xurdidas da vida cotiá...
7. A pantasma de Canterville, Oscar Wilde
Unha pantasma aparéceselle a unha familia americana, pero eles non parecen asustarse moito...
8. As mans do medo, Xosé Miranda
Desde o primeiro día que puxo os pés na casa da praia comezaron a sucederlle dúas cousas que, aparentemente, parecían non estar relacionadas: empezou a proerlle, arderlle a man esquerda e comezou a pensar compulsivamente en cambiar de lugar o pozo negro. Máis tarde, notou que os dedos perderan sensibilidade e foi quedando abraiado pola súa torpeza cando cavaba un foso no Cemiterio das Pedras Brancas, onde atopará unha caixa dourada que atesoura unha man. Unha man humana, enteira, perfecta. Viva.
9. Os arquivos secretos de Escarlatina, Ledicia Costas
A que xogan os defuntos os xoves pola noite no mausoleo de Escarlatina? Lograría a cociñeira montar o seu propio restaurante? Quen goberna no Alén na actualidade? Quen foi o verdadeiro asasino de Amanito? Son moitas as preguntas que flotan no ar, entre as tumbas dos defuntos. Afonda no universo de Escarlatina, a cociñeira defunta.
1o. Mortiña. Unha historia para esmendrellarse de
risa, Barbara Cantini
Mortiña é unha nena, pero non é coma as demais: é unha nena zombi. Vive en Vila Decadente coa súa tía Defuntiña e o seu inseparable Tristeiro, un can que non se sabe se está vivo ou morto. A Mortiña encantaríalle ter amigos da súa idade cos que xogar e divertirse, pero a súa tía prohibiulle deixarse ver: podería asustar a xente. Un día preséntaselle unha oportunidade única: a festa de Samaín! Mortiña nin sequera ten que disfrazarse... Pero que pasará cando os demais nenos descubran que non leva máscara?
sábado, 15 de octubre de 2022
A nena con vestido de flores
Este venres o alumnado de 4º de primaria acudía a biblioteca do concello de Pontecesures para a visita dun contacontos. Nesta ocasión tratabase de Manuel Fontemoura, autor do libro “A nena co vestido de flores”. Nesta novela relatase a vida dunha nena con Trastorno de Asperger. Na actividade o alumnado puido participar e interactuar co autor a través de diversos xogos traballando a empatía, a imaxinación, …
sábado, 8 de octubre de 2022
Da árbore ao libro
O alumnado de 3º de Primaria asistiu a un obradoiro, na Biblioteca Municipal, impartido por Andrea Jamardo, editora de Cuarto de Inverno.
Nesta actividade os nenos e nenas puideron descubrir como se prepara todo o material para a elaboración dun libro, desde que se corta a árbore ata que o libro chega ás librerías e bibliotecas, e os ávidos lectores e lectoras poden gozar coa súa lectura. As rapazas e rapaces tamén puideron confeccionar o seu propio libro.