Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

miércoles, 23 de febrero de 2022

Día de Rosalía

Celebramos o día de Rosalía de xeito especial.

Tal e como dicía a comanda do meco "Nesta terra temos sorte de tyer superheroína, a ver que se che ocorre para celebrar a Rosalía".

Xardín de Rosalía presidido polo mural das Rosalías creadas por alumnado de 3º de Primaria a partir da imaxe da ilustradora Laura Romero.


Os alumnos de Primaria fixeron o mural 



E os alumnos de 2º e 4º de Secundaria colaborarorn co Departamento de Xeografía e Historia, co de Química e co club de lectura e plantaron un xardín de pensamentos.




Uxío de 4º de Primaria e Hugo de 3º de Primaria caracterizados.











Entrega de agasallos aos participantes, de Infantil e Primaria, no concurso " Fai viral a Rosalía" ( un libro de Rosalía, un marcapáxinas e unha chapa).





Actuación do alumnado de 1º de EP, coa canción do poema " Campanas de Bastabales"  que cantaron e bailaron, baixo a dirección de Andrea, a mestra de música. 
Esta actividade foi presentada ao concurso " A nosa Rosalía" da Deputación de Pontevedra. E coa que acadarían o 2º premio. 


Alumnado de 2º e 4º da ESO colaboraron para plantar a camelia chamada Rosalía, que foi agasallo da Deputación de Pontevedra polo premio recibido o alumnado de 1º. 



























martes, 22 de febrero de 2022

Reto 6

 Xa temos novo reto na biblioteca. Anímate, busca a resposta e deposítaa na Caixa.

Ánimo e sorte….



Actividades para conmemorar o día de Rosalía

 Febreiro foi un mes cheo de actividades por e para Rosalía colaborando todos os equipos e departamentos.

Nas aulas de Primaria fixéronse pensamentos en forma de broche


 Murais e creacións...






Os alumnos de francés de Primaria elaboraron a flor do pensamento combinando as bandeiras galega e francesa 




Os alumnos de plástica de Secundaria tamén fixeron as súas creacións, os de 3º utilizaron diferentes técnicas, entre elas o collage...



E os de 1º ESO fixeron puntillismo.



Os pensamentos coa imaxe de Rosalía e co poema "Adiós ríos, adiós fontes" e a traducción do mesmo a distintos idiomas encheron os corredores do centro.








viernes, 18 de febrero de 2022

Fai viral a Rosalía: Preparados

Toca visualizar e compartir, para que a nosa Rosalía, sexa a Rosalía máis famosa.

Son poucos os participantes pero son os mellores,  orixinais, creativos, coas mellores localizacións,...noraboa a todos. 

Agora a compartir coas amizades, familiares,... para facer a Rosalía viral.

Entrade na canle de youtube do  EDLG DO CPI PONTECESURES ou nas seguintes ligazóns.

* Os videos deben ser vistos por completo para que contabilicen as visualizacións. Tal como se reflicte nas bases do concurso hai ata o 3 de marzo para seguir sumando visitas. Adiante!

O importante é expandir e fortalecer a nosa lingua!


E dar a coñecer á nosa Rosalía!














miércoles, 16 de febrero de 2022

Solución e gañadores do Reto 5

O primeiro encontro entre europeos, neste  caso vikingos, e nativos americanos ocurríu cerca do ano 1000.

Leif Eriksson era o caudillo daquel pobo do norte de Europa, famoso pola súa dureza pero tamén pola súa capacidade de navegación e comercio.

Eriksson e os seus homes chegaron ata a actual Groenlandia, parte do territorio americano do norte,e estableceron o poboado de Vinlandia.

E os gañadores foron.....


Noraboa a todos e a seguir participando.

martes, 15 de febrero de 2022

Xornadas de Portas Abertas no Colexio

 CPI de Pontecesures levará a cabo dúas Xornadas de Portas Abertas



As familias que vaian matricular aos seus fillos en 3 anos de Educación Infantil, poden vir coñecer o noso centro, o equipo docente e a nosa forma de traballar co alumnado.

Lembrade que a solicitude de admisión será do 1 ao 21 de marzo, ambos inclusiv

Debuxos da ESO para Rosalía

 Os alumnos de plástica de 1º ESO e de 3º ESO  tamén quixeron homenaxear a Rosalía no seu nacemento.

Os de 1º fixeron puntillismo e  en 3º diferentes técnicas, incluido o collage.

Uns artistas !!!!!!!!!!






lunes, 14 de febrero de 2022

Contacontos

 O  alumnado de 5 anos, 1º e 2º de Primaria, puido gozar dunha sesión de Contacontos a cargo do contador Benxamín Míguez Novoa.

Da súa man puidemos descubrir que os Lobos e os Monstros non son tan malos e que incluso nos poden contar contos. 

Nas tres historias que nos narrou, foi protagonista un neno/a de cada grupo.






domingo, 13 de febrero de 2022

Rosalía sonou nos Goya 2022

Rosalía sonou coma nunca nos premios Goya 2022.

Un dos seus poemas "Negra sombra" de Follas Novas foi elixido por Luz Casal, para cantar en memoria de todos os  profesionais do mundo cinematográfico falecidos no 2021. 

Esta poesía foi musicalizada por Carlos Núñez coa voz de Luz Casal en 1996, e convertiuse na banda sonora do filme " Mar Adentro", a  película máis galardoada ata hoxe con 14 Goyas.

Clica no seguinte enlace para ver a súa actuación,

Luz Casal nos Premios Goya 2022




sábado, 12 de febrero de 2022

Atrévete a pescudar con elas

 


A Universidade da Coruña propón esta actividade para celebrar o Día da Muller na Ciencia. É unha proposta moi interesante, a través da cal podemos ver mulleres científicas, que nos falan do seu traballo e de como chegaron aí, dándolle a posibilidade aos nenos e nenas de que lles fagan preguntas a través dunha gravación.

Proposta para primaria

Proposta para secundaria

jueves, 3 de febrero de 2022

Día escolar da non violencia e da paz

 A celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz é unha desas datas que non podemos deixar de festexar no noso centro. A convivencia, o compañeirismo ou a empatía son valores importantes que teñen que acompañar o noso día a día. Neste curso, decidiuse que o mellor era celebralo coas nosas propias verbas, con percusión e deixandonos voar!






miércoles, 2 de febrero de 2022