Este ano para conmemorar o 25 N houbo diversos actos
Os máis pequenos foron os primeiros en levantar a voz, neste caso cantando, contra a violencia.
Así manifestaron, cuns lemas ben acaídos, a necesidade de levantar a voz en contra da violencia.
O martes 21 de novembro, na Biblioteca do noso Centro realizáronse dúas dinámicas grupais de sensibilización contra a violencia de xénero, unha co alumnado de 1º e 2º da E.S.O. e outra co alumnado de 3º e 4º da E.S.O.
Esta actividade forma parte das accións levadas a cabo polo Concello de Pontecesures en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra para loitar contra esta forma de violencia.
O alumnado de 5º de Educación Primaria inventou unha letra para a coñecida melodía "Tres hojitas madre" ("Inés, Inés, Inesita, Inés").
Escoitádea con atención pois mandan unha potente mensaxe que, a pesar dos esforzos feitos pola sociedade, inda non conseguimos que esas actuacións das que falan quedaran nun mal recordo.
O xoves 23 de novembro os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria tiveron unha xincana na que deron conta do ben que se desenvolven todas elas e todos eles nalgúns traballos propios do fogar, como fregar, facer a cama, cravar uns cravos, vestir un bebé, dobrar roupa...
O alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria tivo un contacontos na Biblioteca
Hoxe repartimos entre o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria as pulseiras contra a violencia cos lemas que eles e elas mesmas redactaron.
Os lemas escollidos foron "Son unha persoa, non o teu xoguete", "Eu son libre, e ti?" e "Dentro do arco da vella collemos todos".
Desde biblioteca fixemos unha exposición de libros relacionados co tema
E para conmemorar o día da biblioteca os alumnos de 4º e 5º de Primaria achegáronse á biblioteca municipal para participar nun obradoiro sobre papel xa que todos os días usamos papel para moitas cousas.
Pero... Algunha vez pensachedes en facer unha escultura con el?
Neste obradoiro descubriron como crear as súas pezas tridimensionais. Crear unha figura do seu personaxe favorito cunha técnica milenaria, usando só papeis reciclados, un pouco de engrudo e toda a súa imaxinación.
Os alumnos de 3º de Primaria tiveron unha saída á biblioteca municipal a unha sesión do máis animado.....para conmemorar o día das escritoras que foi onte, 16 de outubro.
Alí esperábaos Andrea Jamardo Seijo, da Editorial Cuarto de Inverno, disfrutando da explicación ao alumnado de todo o proceso do maquetado dos libros, e unha pequena historia do trascurso da imprenta, rematando cun taller moi creativo dun pequeno libro, traballando a arte da imaxinación en cada un deles-as.
" Para debuxar, debes pechar os ollos e cantar"
O alumnado de 3º de E.P divertiuse moito, moitas gracias por todo o cariño recibido.
En colaboración con EDLG propoñémosvos a seguinte actividade:
En cada grupo elaborade e escollede uns poucos lemas (2, 3, 4...), de poucas palabras, que sirvan para concienciar da necesidade de combater a violencia contra as mulleres.
De entre eses lemas escolleremos algúns para elaborar unhas pulseiras que repartiremos o día 25 de novembro.
Como as pulseiras hai que encargalas con tempo, o último día para entregar os vosos lemas será o 27 de outubro.
Aos alumnos de 2º deronlle a benvida ao club das 99. Souperon os requisitos para pilotar unha avioneta, construiron o seu propio aparello a través da papiroflexia e debuxaron o mapa que lles axudou a descubrir onde foi Amelia Earheart.
Onde está Amelia Earhart? é un obradoiro-contada onde cada participante creou a súa propia historia sobre o paradoiro da aviadora a un tempo que descubreu a vida de Earhart.
¿Quién vive en la piña debajo del mar?... Comeza a coller forma un proxecto teatral interdisciplinar que se levará a cabo este curso entre varias materias de secundaria...Estade atentos! ⌛🎭
Hoxe os alumnos de 1º curso de Primaria baixaron á Biblioteca Municipal para escoitar o escritor R. J. Peralta e á ilustradora Blanca Millán contando e cantando os seus contos "As filloas de Manola" e "Acouga Babau" e "O maio".
Unha actividade dinámica e participativa na que, a través de varios álbums ilustrados, contaron, conversaron e cantaron de temas como a tradición das filloas, o labor dos avós nas nosas familias e a amizade.
Onte, o alumnado de Primaria e Secundaria recibiron a visita do Cinemóbil nº3, unha recreación do Cinemóbil nº2 co que José Gil percorreu nos anos 20 do Século XX boa parte de Galicia para proxectar nel as películas de estrea.
Puideron ver, no ximnasio, esas mesmas películas que proxectou hai xa 100 anos no Cinemóbil nº2 na nosa vila.
Entre outras curiosidades que lles contaron, está a de que José Gil rodou en 1926 imaxes da Feria do Automóbil que se celebraba en Pontecesures. Por desgraza, estas filmacións perdéronse.
Se queredes ampliar información sobre a vida e a obra deste pioneiro da elaboración e da difusión do cinema en Galicia podedes visitar a seguinte web ou enlazar mediante o código QR que encontraredes máis abaixo https://josegilcinema.gal/
Primeiros pasos do alumnado de Oratoria de 3° da ESO para o proxecto teatral que se realizará dende o departamento de Lingua Castelá e Literatura coa colaboración dos departamentos de Francés, Inglés e coa Biblioteca.
Comenzamos un novo curso, o 2023-2024 cheo de ilusións e proxectos e o de este ano é o Medio Ambiente.
Actualmente
son moitos os problemas ambientais aos que nos enfrentamos e, moi
seguramente, irán a máis si non poñemos remedio. Por esta razón é
moi importante a concienciación da sociedade, pero cómo pode
lograrse?.
Unha
forma de intervir é mediante a educación ambiental.
A
educación ambiental é o proceso a través do cal se educa á
sociedade para que tome conciencia sobre a realidade global do
planeta, sobre a relación do ser humano entre sí e coa naturaleza e
dos problemas que aparezan desta relación e as súas consecuencias,
así como as causas que levan a eles.
A
educación ambiental ten o poder de aumentar a conciencia e o
coñecemento sobre as temáticas e/ou problemas ambientales, e ao
facelo, dalle ferramentas aos alumnos para tomar decisións
informadas e medidas responsables.
Ademáis
de ensinar e sensibilizar sobre a importancia do medio ambiente,
buscaremos crear valores e actitudes que promovan a utilización de
forma racional dos recursos naturais e a solución aos numerosos
problemas ambientais que se producen.
As
actividades que se propoñan adaptaranse aos distintos niveis que hai
no noso Centro: Educación Infantil, Educación Primaria e Educación
Secundaria. O punto será buscar un eixo atractivo co que se poida
traballar nesas idades e desde os distintos ámbitos.
O alumnado de 1º de Educación Primaria contoulle o conto "No pasa nada", de Xabi López, ás rapazas e rapaces de 2º da ESO.
E para que ninguén perda nin un so detalle deste magnífico conto, deixámosvos un vídeo onde o alumnado de 1º narra a historia á vez que pasan cada unha das súas páxinas.
No centro seguen a traballar con todo o aprendido a través do Vexo Veo Xacobeo.
Neste caso, fixeron 4 rutas, que os levaron á aula, ao pavillón, á biblioteca e á aula de música.
Todas as rutas aparecen explicadas nun documento, que puxeron na entrada que usaron todas as mañáns, que aparecen tamén sinaladas con diferentes cunchas ao longo de cada traxecto, e que lles serven como indicacións.