Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

sábado, 29 de enero de 2022

Tanxugueiras

 Hoxe vaise levar a cabo, unha selección de cancións para asistir ao Festival de EUROVISIÓN. Por primeira vez, hai unha canción en galego que a presenta o grupo TANXUGUEIRAS, non só por ser en galego, se non por todo o significado que agocha, todos os valores que representa, con esas referencias ás distintas linguas do noso país, " non hai fronteiras", etc. Por todo isto e por máis, son merecentes de chegar a EUROVISIÓN.



Reto "Fai viral a Rosalía"

 


Febreiro, é o mes de Rosalía desde que un 23 de febreiro do ano 1837 vira a luz por primeira vez, en Santiago de Compostela. 

Este curso, este día aparece no calendario escolar, para que toda a comunidade educativa celebre especialmente esta data.

Un ano máis, no noso centro imos celebralo como se merece. Logo do éxito acadado o curso pasado coa proposta  " fai viral a Rosalía" o equipo de Dinamización da Lingua Galega, volve a propoñer de novo este RETO, básicamente nas mesmas condicións que o curso anterior, pero con algunhas novidades nos premios. Consultade as bases para este concurso aquí, na web ou nos taboleiros e corredores do centro.

Animádevos a participar, a nosa lingua e a nosa escritora máis universal, ben o merecen. 

Agardamos os vosos videos.









viernes, 28 de enero de 2022

martes, 25 de enero de 2022

Resolución do 4º reto

 Xa temos solución ao 4º reto.

O científico ruso Yuri Valentinovich Knorozov foi quen descifrou a escritura xeroglífica da cultura maia.


Atoparon a resposta.......



jueves, 20 de enero de 2022

Libro de Nadal en galego-castelán e inglés

 Xa tendes á vosa disposición na biblioteca os libros que fixeron os alumnos de Primaria na clase de lingua inglesa. Libros sobre o Nadal, con debuxos, felicitacións e historias en galego, castelán e inglés, incluso con palabras noutras linguas.








martes, 11 de enero de 2022

Festival de Nadal. Curso 20/21

 Unha boa volta ao cole ben merece un bo recordo. E que mellor que facelo coas diferentes actuacións que o alumnado, tanto das etapas de Educación Infantil e Primaria como da etapa de Educación Secundaria Obrigatoria, fixo no último día de clase antes das vacacións de Nadal.

Deixámosvos os dous vídeos e esperamos que o disfrutedes tanto como nós o fixemos nese día.