Febreiro, é o mes
de Rosalía desde que un 23 de febreiro do ano 1837 vira a luz por primeira vez,
en Santiago de Compostela.
Este curso, este
día aparece no calendario escolar, para que toda a comunidade educativa celebre
especialmente esta data.
Un ano máis, no
noso centro imos celebralo como se merece. Logo do éxito acadado o curso pasado
coa proposta " fai viral a Rosalía" o equipo de Dinamización da
Lingua Galega, volve a propoñer de novo este RETO, básicamente nas mesmas
condicións que o curso anterior, pero con algunhas novidades nos premios.
Consultade as bases para este concurso aquí, na web ou nos taboleiros e corredores
do centro.
Animádevos a
participar, a nosa lingua e a nosa escritora máis universal, ben o
merecen.
Agardamos os vosos
videos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario