Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

lunes, 20 de abril de 2026

Novos xogos no patio

A ANPA do centro estivo estes días facendo debuxos de mariola e outros xogos no patio cuberto de Infantil e Primaria.

Os alumnos de 1º de Primaria foron dos primeiros en probalos 


 

viernes, 17 de abril de 2026

O noso horto

 O noso horto xa está en funcionamento.

Os alumnos de Infantil e de primeiros cursos de Primaria foron os encargados de  poñelo en marcha.

Xa plantaron leitugas, fresas, chícharos, cebolo...

Agora solo quedan labores de mantemento como sachalo ou regalo.

Veremos resultados moi pronto 


 

jueves, 16 de abril de 2026

Recitamos en Infantil

 Os alumnos de 1º de Primaria foron recitar os poemas que presentaron ao concurso Fai viral a poesía! nas aulas de Infantil.




 

martes, 14 de abril de 2026

Las cosas de Berta

Os alumnos de 4º de Primaria leron durante as vacacións de Semana Santa Las cosas de Berta e fixeron as súas recomendacións.


 

viernes, 10 de abril de 2026

8M

 Aínda que tarde....

Rememorando o 8M con mulleres de Pontecesures cercanas a nós que coa súa labor foron unhas avanzadas 


miércoles, 8 de abril de 2026

Logo da nosa radio

 Xa temos finalistas para elexir o logo da nosa radio escolar.

Os traballos foron presentados polos alumnos de Primaria e os finalistas foron....






Cal será?


martes, 7 de abril de 2026

miércoles, 1 de abril de 2026

Día das Artes Galegas

Co gallo da conmemoración o 1 de abril do Día das Artes Galegas -dedicado este ano ao fotógrafo José Suárez- o EDLG do CPI de Pontecesures convoca un concurso de marcapáxinas conforme as seguintes BASES: 

1. Pode participar calquera alumno ou alumna do CPI de Pontecesures.

2. Os traballos presentados terán como temática a vida ou a obra de José Suárez.

3. O marcapáxinas debe ser rectangular e posuír un formato aproximado de 1:3 (a recomendación é realizar a composición nun A4 partido á metade, de xeito que ocupe 105 mm x 297 mm).

4. A técnica é libre (lapis, ceras, acuarela, témpera, colaxe...) sempre que se trate dunha técnica manual (non serán admitidos os traballos elaborados por computador nin fotografías).

5. A persoa que presenta o traballo debe indicar o seu nome e o curso ao que pertence na parte posterior do traballo.

6. O último día para entregar os traballos é o xoves 23 de abril de 2026, Día do Libro.

7. A entrega pode realizarse a través do titor ou da titora, do profesor ou da profesora da materia correspondente ou directamente, en persoa, ao coordinador do EDLG.