Co gallo da conmemoración o 1 de abril do Día das Artes Galegas -dedicado este ano ao fotógrafo José Suárez- o EDLG do CPI de Pontecesures convoca un concurso de marcapáxinas conforme as seguintes BASES:
1. Pode participar calquera alumno ou alumna do CPI de Pontecesures.
2. Os traballos presentados terán como temática a vida ou a obra de José Suárez.
3. O marcapáxinas debe ser rectangular e posuír un formato aproximado de 1:3 (a recomendación é realizar a composición nun A4 partido á metade, de xeito que ocupe 105 mm x 297 mm).
4. A técnica é libre (lapis, ceras, acuarela, témpera, colaxe...) sempre que se trate dunha técnica manual (non serán admitidos os traballos elaborados por computador nin fotografías).
5. A persoa que presenta o traballo debe indicar o seu nome e o curso ao que pertence na parte posterior do traballo.
6. O último día para entregar os traballos é o xoves 23 de abril de 2026, Día do Libro.
7. A entrega pode realizarse a través do titor ou da titora, do profesor ou da profesora da materia correspondente ou directamente, en persoa, ao coordinador do EDLG.
Nova andaina
Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.
miércoles, 1 de abril de 2026
Día das Artes Galegas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario