Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

viernes, 27 de noviembre de 2015

Loito nas LETRAS GALEGAS

Morre o escritor Xosé Neira Vilas, autor de «Memorias dun neno labrego»

Tedes máis información sobre Xosé Neira Vilas no seguinte enlace: Fundación Neira Vilas



OUTONO 2015 NO CPI DE PONTECESURES

Rosa Nodar déixanos esta presentación que recolle as actividades que se fixeron no noso centro neste outono: exposición de froitos do outono, mostra das cabazas decoradas polo alumnado polo Samaín, entrega de premios do Concurso de Relatos de Terror e a celebración do magosto.




miércoles, 25 de noviembre de 2015

Con motivo do día contra a violencia de xénero os alumnos de 4º de Eso fixeron en plástica este mural que colgaron no corredor.





jueves, 19 de noviembre de 2015

Volume 11000


Na biblioteca do colexio xa chegamos ao volume número 11000.

Todo un acontecemento!!!!!!!!!

domingo, 15 de noviembre de 2015

sábado, 7 de noviembre de 2015

Día da ciencia en galego


 

O día 4 de novembro, asistimos dende a Biblioteca do CPI de Pontecesures a unha videoconferencia organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística baixo o título de: "A máquina que constrúe a mente e a realidade".

O relator foi Xurxo Mariño Alfonso, biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998), profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña.

Segundo nos explicou, todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso "eu", as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, dese xeito, crear a mente e a realidade. Intentou responder a varias preguntas que habitualmente nos formulamos: Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o "eu" cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?




viernes, 6 de noviembre de 2015

Relatos gañadores no concurso do Samaín

Estos son os relatos gañadores no noso concurso do Samaín 

RELATO GAÑADOR DA CATEGORÍA DE 1º CICLO DE E. PRIMARIA: "A CABAZA COMILONA, DE NICO CALVO CASTIÑEIRAS", DE 2º B



RELATO GAÑADOR DA CATEGORÍA DE 2º CICLO: "OS MONSTROS MÁIS ATERRADORES", DE MARCOS GÁNDARA AGRASAR, 3º A


RELATO GAÑADOR NA CATEGORÍA DE 3º CICLO DE PRIMARIA: "ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS" DE ALEX COMPARADA CONZÁLEZ DE 6º A

RELATO GAÑADOR NA CATEGORÍA DA ESO: "MEDO NA ESCURIDADE" DE XENXO XANTIAGO LORENZO, DE 4º DE ESO.