Os alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO foron ao cine á Sala NUMAX en Santiago para ver "La bola negra", película española seleccionada este ano para ir aos Oscar.
CÓXEGAS
Nova andaina
jueves, 22 de octubre de 2026
miércoles, 21 de octubre de 2026
Exposición de Yayoi Kusama
Os alumnos de Infantil 4 anos estiveron traballando con cabazas pero engadíronlle un toque especial.....coñeceron a obra de Yayoi Susana.
A artista utiliza puntos, cores vivas e patróns repetitivos para as súas creacións.e compe pintaron as súas cabazas de forma similar.
A través de imáxenes comprenderon que a arte pode ser divertido, sorprendente e moi persoal.
Cada alumno decorou a súa cabaza con puntos inspirados pola obra de Kusama.
Uns artistas!!!
martes, 20 de octubre de 2026
Exposición de Yayoi Kusama
Esta semana temos na biblioteca unha exposición do traballo feito polo alumnado de infantil 4 anos inspirado na obra da artista xapones esa Yahoi Kusama que poden vir a visitar as familias.🎨🇯🇵
domingo, 18 de octubre de 2026
Encontro de Bibliotecas Escolares
Este fin de semana celebrouse o Encontro de Bibliotecas Escolares de Galicia ao que asisteu Marcos, un membro do Equipo de Biblioteca.
viernes, 16 de octubre de 2026
Exposición de maquetas de 5º de Primaria
Os alumnos de 5° de Primaria fixeron unha exposición da célula ....🔬 A unidade da vida✨
¿Sabías que estamos feitos de aproximadamente 30 billóns de células traballando en equipo en este mismo segundo?🤯
Desde a bacteria mais pequena ata o ser vivo mais grande do planeta, todos compartimos o mesmo secreto: a célula. É unha auténtica cidade en miniatura: ten o seu propio centro de control (o núcleo), fábricas de enerxía (as mitocondrias) e sistemas de transporte. 🏢🧬
Somos un universo microscópico en constante movemento. ¡Nunca estamos realmente solos! …👀👀👀
jueves, 15 de octubre de 2026
Ler conta moito. O carballo con botas
Un ano máis a biblioteca municipal celebra «Outubro, o mes das bibliotecas» cunha proposta conxunta coa biblioteca escolar do CPI de Pontecesures.
Baixo o lema «Sementes de Lectura», búscase concienciar a mocidade e a veciñanza sobre a importancia de coidar a natureza, apostar pola sustentabilidade e promover unha boa alimentación.
Hoxe, da man de Carballo con botas, o alumnado de primaria do CPI de Pontecesures participou en dúas sesións de narración oral:
«Todas somos árbores. O bosque na biblioteca», ás 10:15 h, para 1º e 2° de primaria, unha viaxe polas historias para descubrir como coidar das árbores e da natureza.
«As tecedeiras de esperanza», para 3º e 4º de primaria, onde tecemos unha árbore para atrapar contos solidarios e aprendemos a coser tenrura, esperanza, igualdade e futuro.
Esta actividade forma parte da programación de Ler Conta Moito, iniciativa que achega a lectura e a cultura ás bibliotecas e á cidadanía.
Porque as bibliotecas son bosques: os libros, algún día, foron árbores.
viernes, 9 de octubre de 2026
Ler conta moito. “Menos mercar e máis crear”
Menos mercar e máis crear na biblioteca de Pontecesures!
.jpeg)



.jpeg)











