Por este ano damos rematadas as reformas. Para o ano, máis para mellorar.
Nova andaina
viernes, 28 de abril de 2023
miércoles, 26 de abril de 2023
Quérote +
O alumnado de 3° de ESO participou nun Obradoiro de sexualidade da man de Penélope e Álex, do centro Quérote +.
martes, 25 de abril de 2023
25 de abril, Día Internacional para a loita contra o maltrato infantil.
O obxectivo desta efeméride é visibilizar a Violencia contra a Infancia e o impacto que ten nos nenos e nenas e concienciar a sociedade sobre a necesidade da súa protección.
Grazas María por este excepcional agasallo!
Cartel realizado por María Rodríguez Domínguez, 3º ESO
lunes, 24 de abril de 2023
Sesión GenTech
O alumnado de 4° de ESO tivo a sesión GenTech coa participación de Altia. O obxectivo da actividade é espertar o xen tecnolóxico da xuventude e fomentar as vocacións STEM.
O alumnado partipou moi activamente nun Kahoot sobre cuestións tecnolóxicas, quedando gañador o grupo de Álex, Fariña e Mateo. Os tres primeiros grupos clasificados levaron un agasallo de Altia.
domingo, 23 de abril de 2023
Cidades do libro
Con motivo do día do libro, os alumnos colaboradores de biblioteca fixeron esta actividade que logro mostraron ao resto da comunidade educativa con unha exposición nos corredores.
miércoles, 12 de abril de 2023
Exposición de haikus
Exposición de haikus na biblioteca feitos no taller de poesía polos alumnos de 1º ESO e o club de lectura
lunes, 3 de abril de 2023
Día das Artes Galegas
O 1 de abril conmemórase o Día das Artes Galegas. Esta foi instaurada no ano 2015 pola Real Academia Galega das Belas Artes, co fin de promover e valorar o patrimonio cultural galego. Este ano, o autor homenaxeado é Martín Códax, o primeiro dos músicos homenaxeados.
O alumnado de 5º presentounos este mural sobre a figura do autor, que vos deixamos por aquí, xunto co vídeo musicalizado da cantiga que representaron.