Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

sábado, 27 de mayo de 2017

Letras na rúa

Letras na rúa 
 Este ano o día das Letras Galegas o club de lectura do colexio participou nunha actividade distinta. 
 "letras na rúa" consistía en  ler a Carlos Casares na Plazuela. ademais da lectura había un taller creativo para os rapaces.
Animáronse moitos e pasamos unha mañá diferente.




viernes, 26 de mayo de 2017

A galiña azul e compañía



A pasada semana, e para celebrar o día das Letras Galegas, tivemos un encontro con Cris de Caldas na Biblioteca municipal dentro do programa "Ler Conta Moito 2017".
Tomando como fío a obra de Carlos Casares, os alumnos de Infantil de 5 e 6 anos coñeceron ao autor homenaxeado este ano nas Letras e apreciaron o que significan as Letras Galegas no panorama da literatura galega.
A galiña azul veu acompañada doutros contos de tradición galega con outras referencias ao homenaxeado.