Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

viernes, 20 de diciembre de 2019

Chegaron os Reis


Como cada ano os Reis Magos acompañados dos seus paxes veñen ao colexio para agasaiar aos rapaces máis pequenos. 

Feliz Nadal a todos!!!!!!
Fotos de Nadal

Actuacións de Nadal
Neste Nadal, o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria quixeron agasallarnos coa súa arte. Non cabe dúbida de que o fixeron xenial pero, se non nos credes, aquí tedes a mostra!
Presentacións : alumnado de 4º de Educación Primaria.
Actuacións:
  • Educación Infantil"Van tres Reis en bicicleta" e "If I could fly like a snowflake".
  • 1º de Educación Primaria: "Chegou o Nadal" e "Volver a casa por Nadal"
  • 2º de Educación Primaria"Árbol de Navidad" e "Turrón e Mazapán".
  • 3º de Educación Primaria: Remix "Feliz Navidad", "Santa Claus is coming to town", "O Apalpador" e "Xa me tardan estes magos"
  • 4º de Educación Primaria"Cosas de Navidad" e "Un año más".
  • 4º e 6º de Educación Primaria: "Vois sur ton chemin"
  • 5º de Educación Primaria: Percusión corporal "Marcha Radetzky"


Fotos de Nadal

Fotos de Nadal

Felicitación de Nadal de Infantil

jueves, 12 de diciembre de 2019

jueves, 5 de diciembre de 2019

Voluntariado de lectura


O noso centro está a solicitar a participación no programa de Voluntariado de lectura-A, iniciativa de Bibliotecas Escolares de Galicia, ni modalidade de primaria nas iniciativas ofertadas como: Voluntariado de lectura A e  lecturas compartidas.
A finalidade é estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca ea a lectura entre o alumnado de 5º e 6º.


viernes, 29 de noviembre de 2019

Mochilas viaxeiras


Estreamos mochilas viaxeiras!!
Acabamos de recibir as novas mochilas para renovar as anteriores, que xa estaban moi deterioradas.
Coidádeas moito, rapaces.



martes, 26 de noviembre de 2019

25 N

Onte foi un día de especial relevancia no calendario...


A loita a prol da IGUALDADE a través do respecto, impregnou o quefacer cotián do noso centro, pero onte cobrou especial transcendencia, xa que o 25 N está reservado para loitar unanimemente a nivel mundial contra unha lacra da nosa sociedade como é a VIOLENCIA DE XÉNERO.


Precisamente por tratarse dun problema que atinxe á sociedade no seu conxunto, dende a escola debemos traballar para eliminar calquera tipo de comportamento inadecuado, posto que como institución encargada da formación do alumnado, recae nas nosas mans esta importante labor (xunto coa familia).

RESPECTO e IGUALDADE deben ir da man, para loitar e erradicar a violencia de xénero, e que nun futuro, ogallá que próximo, non sexa preciso conmemorar esta data.  Mais, polo momento, levaremos a cabo co noso alumnado, as iniciativas que sexan precisas.


Este curso, todas as etapas educativas, traballaron buscando frases, lemas, slogans... para alzar a voz no día de hoxe e condenar a violencia de xénero.

Con todas elas, realizouse un mural. O profesorado realizou unha minuciosa selección, e elixiu 3 lemas que plasmamos en pulseiras de cor morada, que se repartiron entre o alumnado no día de onte.



lunes, 4 de noviembre de 2019

Actuación na praza de abastos

Convidados pola ANPA o grupo de teatro de Normalización Lingüística levaron a peza teatral á praza de abastos na festa de Samaín que organizaba a ANPA do noso centro.   

jueves, 31 de octubre de 2019

Samaín 2019

Este elenco de grandes actrices e actores fixéronnos paras un rato moi agradable, ríndonos ca retranca e picaresca dos diálogos, ainda que a situación era un pouco dramática. 



E o vídeo gañador é ACE




Os outros vídeos que se presentararon foron :
 A boneca posuída


Samaín

 


 Non te fíes da escuridade
  
No concurso de debuxo gañaron: 

 Lucía García  de 1º ESO

 Sara Galbán de 3º ESO
Icía García de 4º ESO





















Gañadores dos relatos
Marco González  de 3º Primaria


Nuria Otero de 5º A



 Tomás Melón, Ainhoa Santiago e Uxía López de 5º B


Sara Liñares de 6º de Primaria




Magosto 2019


viernes, 25 de octubre de 2019

Como cambia o conto




O alumnado de Relixión de Primaria  fixo un mural inclusivo con motivo do día das bibliotecas co tema COMO CAMBIA O CONTO





jueves, 24 de octubre de 2019

Día da biblioteca


Celebramos o día da biblioteca asistindo os alumnos de 3º e 4º de ESO a unha sesión do Ler conta moito na Biblioteca municipal "Astrónomas".
A lúa ten unha cara oculta e tamén unha historia de astronomía. Unha parte importante dos grandes achados astronómicos foron feitos por mulleres. Apenas coñecemos os seus nomes. Sabíadess quen foi a primeira persoa que mediu a distancia ás estrelas máis afastadas? Ou quen propuxo que o universo se está a expandir aceleradamente? Coñecedes algunha astrónoma galega? Viaxar connosco á cara oculta da astronomía.


Onte os alumnos de 1º e 2º Primaria tamén foron a ver un espectáculo de narración oral "1, 2, 3, A que non o ves" onde a narradora é unha exploradora e vai contando como é a súa aventura ata chegar ao país dos monstros.





jueves, 10 de octubre de 2019

A biblioteca secreta


Hoxe os alumnos de 5º e 6º de Primaria foron á Biblioteca Municipal co programa Ler conta moito. Nesta ocasión ficción e realidade mesturaronse entre a dureza da historia da "Biblioteca secreta" onde nos mergullaron na terrible situación que se viviu en Siria, concretamente no lugar de Daraya, e como os seus valentes habitantes conseguiron salvar unha morea de libros; e por outra banda o divertimento e surrealismo da historia "El beso de la princesa" onde as aventuras de Sapita, Saponcio e Sapiencia fixeronnos rir con ese final tan inesperado. Non é necesario dicir que foi unha velada extraordinaria!
 

A biblioteca secreta

domingo, 6 de octubre de 2019

Ler conta moito Infantil 3 anos



Dondondirindonga e Dondondirindon son dúas campás que viven no alto dunha torre. Todo o mundo coñece o seu cantar pero un día as campás enmudeceron. Quen será capaz de devolverlle a voz?
Dondondirindonga e Dondondirindon

martes, 25 de junio de 2019

viernes, 21 de junio de 2019

Non vaias á clase


O pasado curso, o alumnado de TIC e EPVA en galego de 4º da ESO, xunto co seu profesor Enrique Villanueva, fixeron unha curta: "Non vaias á clase". Esta acadou o premio ao mellor guión nun festival escolar e nestes momentos está a participar no eMove Festival de ámbito estatal, competindo contra outros moitos centros.

A comunidade educativa está moi orgullosa dos logros xa acadados por esta producción pero sabemos que, coa axuda de todos, poden chegar moito máis lonxe. É por iso que precisamos todos os apoios posibles e pedimos que se faga a máxima difusión desta curta, así como a votación a través do facebook!

Deixámosvos o link para a votación.

Se queres que a nosa curta "Non vaias á clase" pase á fase final do eMove festival fai click na seguinte ligazón
Non vaias á clase
cando abra a nova pantalla dalle a Gústame. Non te vai levar máis tempo que o que te levou ler isto. Hai que facelo antes de que acabe xuño.

Se ademais replicas este texto aos teus amigos aumentarán as posibilidades de que cheguemos á final.




jueves, 20 de junio de 2019

Actividades de final de curso

1º e 2º de Educación Primaria foron de  visita ao Zoo de Vigo 

As aulas de 3º e 4º de Primaria organizaron a súa excursión de fin de curso dun xeito moi especial: unha visita ao Acuario de O Grove, a Punta Moreiras e unha camiñata pola Ruta da Auga e da Pedra


O alumnado de 6º de Educación Primaria iniciouse no SURF coa Escola Prado Surf, de O Grove (A Lanzada).




O alumnado de 5º de Educación Primaria gozou dunha xornada de iniciación á vela, no Club Galego de Vela de Vilagarcía de Arousa
 

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria foron ás Illas Cíes