Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

domingo, 29 de mayo de 2016

Un novo graffiti no Cpi de Pontecesures


Como actividade final de curso, o alumnado que participou ao longo do ano no ENDL do centro asistiu a un obradoiro de graffiti, impartido por dous artistas do colectivo Mutante Creativo, Mou e Diana. Explicáronnos as técnicas básicas desta modalidade artística e entre todos realizamos un mural no patio cuberto. O tema que eliximos este ano foi o da integración, o respecto polo diferente, a non discriminación das persoas... Ás veces o levantamento de muros, de barreiras ante quen cremos que non é coma nós, esperta o noso lado máis escuro e fainos esquecer que todos somos membros da mesma galaxia e que debemos solidarizarnos ante o sufrimento dos seus habitantes.

martes, 24 de mayo de 2016

Encontro con Elena Gallego Abad

Unha saga de película - Dragal, o último dragón
Os alumnos de 1º de ESO tiveron un encontro con Elena Gallego Abad, autora de Dragal na Biblioteca do colexio.

 Dragal, a triloxía do último dragón. Trailer

lunes, 23 de mayo de 2016

Outro mundo por descubrir: As viaxes de Irene

Os alumnos de 5º e 6º de Primaria foron á Biblioteca municipal a semana pasada a disfrutar da maxia e dos descubrimentos que se fan nas viaxes. Dentro de Ler conta moito 2016 tivemos........
Outro mundo por descubrir: As viaxes de Irene”

Pasámolo xenial  !!!!!!!!!!!

domingo, 22 de mayo de 2016

Elaborando o noso libro ilustrado


A pasada semana veu Minia Regos para ter unha interesante e intensa mañá cos alumnos de 3º e 4º da ESO do CPI de Pontecesures na Biblioteca Municipal dentro do programa  “Ler conta moito”, onde impartíu unha charla-obradoiro sobre libro ilustrado durante a que puideron falar sobre ilustración, sobre libros ilustrados e sobre as diferentes linguaxes que converxen neles para formar novos xeitos de narrar e de crear experiencias literarias visuais.


Ademais, os alumnos comezaron a traballar sobre o deseño de personaxes, aprendendo a importancia que estes teñen nas nosas historias.



Tiveron tempo para observar, absorber e experimentar!

miércoles, 18 de mayo de 2016

Os musicontos fan o camiño




Os Musicontos viñeron ao cole para darnos a coñecer algúnhas das sinais e normas de circulación recorrendo varios dos Camiños de Santiago.

martes, 17 de mayo de 2016

Celebración das Letras Galegas

O club de lectura participou nun recital poético adicado a Manuel María, xunto cos grupos folclóricos do Concello, Xarandeira e Algueirada e os seus grupos convidados, que puxeron a nota festiva, na celebración das Letras Galegas que se fixo o pasado sábado na Plazuela de Pontecesures.



Parabéns a todos e feliz día das Letras galegas.

domingo, 15 de mayo de 2016

Los molinos de viento



Dun libro podemos quitar moito……..traballo en equipo , creatividade e sentido artístico.............

Como homenaxe ao escritor máis grande da lingua española, o xenial Miguel de Cervantes, os nenos e nenas de 2º de Primaria aventuránronse cunha pequeniña  obra teatral “Los molinos de viento”, unha adaptación á súa medida, da gran obra “Don Quijote de la Mancha”.

Gracias a Isaura e Luis polo seu traballo.