O
2 de maio participamos toda a ESO no Correlingua de Pontevedra, reivindicando
festivamente unha longa vida para o noso idioma. Paseamos pola cidade,
asistimos á lectura do manifesto gañador deste ano, escoitamos a música de
Liviao de Marrao e fixemos unha simbólica solta de globos. Ao finalizaren os
actos, rastrexamos pola cidade a presenza do galego en todo tipo de textos
escritos, que foron fotografados polo alumnado co obxectivo de elaborar logo
carteis que expoñeremos nos corredores do centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario