Onte foi
un día de especial relevancia no calendario...
A
loita a prol da IGUALDADE a través do respecto, impregnou o
quefacer cotián do noso centro, pero onte cobrou especial transcendencia, xa
que o 25 N está reservado para loitar unanimemente a nivel
mundial contra unha lacra da nosa sociedade como é a VIOLENCIA DE
XÉNERO.
Precisamente
por tratarse dun problema que atinxe á sociedade no seu conxunto, dende a
escola debemos traballar para eliminar calquera tipo de comportamento
inadecuado, posto que como institución encargada da formación do alumnado,
recae nas nosas mans esta importante labor (xunto coa familia).
RESPECTO e IGUALDADE deben
ir da man, para loitar e erradicar a violencia de xénero, e que nun futuro,
ogallá que próximo, non sexa preciso conmemorar esta data. Mais, polo
momento, levaremos a cabo co noso alumnado, as iniciativas que sexan precisas.
Este
curso, todas as etapas educativas, traballaron buscando frases, lemas,
slogans... para alzar a voz no día de hoxe e condenar a violencia de xénero.
Con
todas elas, realizouse un mural. O profesorado realizou unha minuciosa
selección, e elixiu 3 lemas que plasmamos en pulseiras de cor
morada, que se repartiron entre o alumnado no día de onte.