Dende hoxe e ata o 8 de
marzo, teremos na bibioteca do centro a exposición
itinerante da Deputación de Pontevedra “Exodus”. Unha mostra
fotográfica dos refuxiados que reflicte a ollada dos fotoxornalistas
galegos Felipe Carnotto e Adrián Irago. As fotografías, realizadas entre
setembro e outubro de 2015, documentan as vivencias dos refuxiados que foxen de
distintos conflitos bélicos para chegar a Lesbos e percorrer os Balcáns na
procura dun novo fogar en Europa.
No acto inaugural contamos coa presenza da Deputada por Pontevedra Digna Rivas e
o Alcalde de Pontecesures Manuel Vidal.
A excepción dos
días de entroido, a exposición estará aberta ao público dende
as 14:00 h ata 15:00 h e os martes dende 16:30 ata 17:30 h inclusive.