Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

martes, 21 de diciembre de 2021

Festival de Nadal

Este curso celebramos o festival de Nadal atendendo ás medidas Covid, con  todas as medidas de seguridade, distancia, uso de máscaras,... 

Pola mañán celebrouno Primaria e pola tarde Secundaria. 

O alumnado de todos os cursos realizou unhas actuacións alucinantes, fantásticas, baixo a batuta do profesorado de música, Andrea e David, que mesmo participaron nalgunhas actuacións.

Tamén viñeron os paxes reais, que recolleron as cartas dos máis pequenos e repartiron chuches.

Unha xornada lectiva, festeira moi ben aproveitada.

Galería de fotos do festival de Infantil e Primaria.

Festival de Infantil e Primaria

Galería de fotos do festival de Secundaria
Festival Nadal Secundaria

Cunha das manualidades do alumnado de 3º e 4º de Primaria, queremos desexar a toda a comunidade educativa unhas

FELICES FESTAS!



4º reto da biblioteca

 Como podedes ver xa temos novo reto na biblioteca para que investiguedes este Nadal.






lunes, 20 de diciembre de 2021

Visita dos alumnos de 1º e 2º de Primaria ao Belen de Porto

Un ano máis, a pesar do coronavirus, un grupo de veciños do lugar de Porto, realizou o Belen, con materiais reciclados, sobre todo tapóns de plástico.

O alumnado dos cursos de 1º e 2º de Primaria, foron visitalo e puideron escoitar como o fixeran da boca da súa deseñadora, fixéronlle preguntas sobre canto tempo lle levara preparalo, cantas persoas participaron,...

A saída foi moi educativa, ata pasou o tren. No camiño foron vendo os nomes  das rúas polas que pasaron: sendeiro verde de Borobó, a rúa Miguéns Parrado, a de Carlos Maside, a Praza dos Valeiros (lugar onde se atopa o Belén),...


Visita ao Belen de Porto

viernes, 17 de diciembre de 2021

Escritura creativa

 Dende biblioteca animamos a todos os alumnos a que escriban, que plasmen nun papel todo o que teñen na súa cabeza. 

E aquí tendes unha mostra de escritura creativa espontánea dun alumno de 4º de Primaria




miércoles, 15 de diciembre de 2021

Big Van Ciencia

 Onte recibimos no noso colexio a visita do grupo de científicos  Big Van Ciencia. Viñeron a demostrarnos cos seus monólogos, que a Ciencia tamén pode ser divertida.

Os nosos alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, pasaron un tempo moi entretido e, de paso, aprenderon algo máis sobre a transmisión de datos ou a importancia da xenética nas nosas vidas.

Esta actividade, organizada polo Departamento de Física e Química e pola Dirección do Centro, tivo lugar no Ximnasio, respectando en todo momento, as medidas que nos marca o Protocolo antiCovid.


Big Van Ciencia

martes, 14 de diciembre de 2021

Solución e gañadores do reto "O instrumento máis antigo..."

 

O  instrumento musical máis antigo é a “flauta de Divje Babe”.



E os gañadores foron.... 



Noraboa pola resposta


viernes, 10 de diciembre de 2021

Árbore de Nadal

 Os alumnos de Relixión de 2º Primaria fixeron cos seus debuxos unha árbore de Nadal para decorar o pasillo de Primaria.



viernes, 3 de diciembre de 2021

Antes de que cuente 10

Acabamos a semana coa actuación dos alumnos de 4º ESO interpretando un  tema de Fito e Fitipaldis


miércoles, 1 de diciembre de 2021

Banda diseñada con historia

O luns, o alumnado de 6º de Primaria, tivo un Obradoiro de Banda Deseñada, grazas ao Correlingua. Así, pudieron achegarse ao apaixoante e divertido mundo dos cadriños ou viñetas, da man do ilustrador Victor Boullón.