Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

martes, 31 de octubre de 2023

Terroríficas historias de terror

 Hoxe en 2° da ESO o alumnado contou terroríficas historias de terror creadas por eles mesmos

Terroríficas historias de terror

Samaín

Un ano máis celebramos a chegada do Samaín decorando todo o noso colexio de maneira terrorífica 

Samaín 2023

Gañadores da 2º edición "Está de medo"

Hoxe realizouse a entrega dos premios ao gañador e ás gañadoras na 2ª edición do concurso de portadas de libros e relatos de terror "Está de Medo!!"
Foi moi difícil escoller aos gañadores xa que había traballos de moita calidade.





Xabi de 2º de Primaria


Mariña de 3º de Primaria

Matilda de 5º de Primaria


Martina de 1º de ESO

        
       Geraldine de 4º de ESO

Cada aula de Infantil e a de 1º de Primaria recibiron un agasallo polo traballo conxunto que desenvolveron.

Noraboa a todos os participantes e aos gañadores!!

jueves, 26 de octubre de 2023

Traballos presentados a Está de medo!!!

Aquí podedes ver todos os traballos que presentáchedes ao concurso Estáde medo!!. Nuns días saberemos os gañadores.

Sorte a todos e noraboa pola calidade dos debuxos.

Traballos presentados

miércoles, 25 de octubre de 2023

Papelarte no día das bibliotecas

E para conmemorar o día da biblioteca os alumnos de 4º e 5º de Primaria achegáronse á biblioteca municipal para participar nun obradoiro sobre papel xa que todos os días usamos papel para moitas cousas.

Pero... Algunha vez pensachedes en facer unha escultura con el? 

Neste obradoiro descubriron como crear as súas pezas tridimensionais. Crear unha figura do seu personaxe favorito cunha técnica milenaria, usando só papeis reciclados, un pouco de engrudo e toda a súa imaxinación.


Día da biblioteca

martes, 17 de octubre de 2023

"Para debuxar, debes pechar os ollos e cantar

Os alumnos de 3º de Primaria tiveron unha saída á biblioteca municipal a unha sesión do máis animado.....para conmemorar o día das escritoras que foi onte, 16 de outubro.

Alí esperábaos   Andrea Jamardo Seijo, da Editorial Cuarto de Inverno, disfrutando da explicación ao alumnado de todo o proceso do maquetado dos libros, e unha pequena historia do trascurso da imprenta, rematando cun taller moi creativo dun pequeno libro, traballando a arte da imaxinación en cada un deles-as.
               " Para debuxar, debes pechar os ollos e cantar"
O alumnado de 3º de E.P divertiuse moito, moitas gracias por todo o cariño recibido.




sábado, 14 de octubre de 2023

Actividade para celebrar o 25 N

En colaboración con EDLG propoñémosvos a seguinte actividade:

En cada grupo elaborade e escollede uns poucos lemas (2, 3, 4...), de poucas palabras, que sirvan para concienciar da necesidade de combater a violencia contra as mulleres.

De entre eses lemas escolleremos algúns para elaborar unhas pulseiras que repartiremos o día 25 de novembro.

Como as pulseiras hai que encargalas con tempo, o último día para entregar os vosos lemas será o 27 de outubro.



jueves, 12 de octubre de 2023

lunes, 9 de octubre de 2023

Ler conta moito 2º Onde está Amelia Earhart?

Queredes voar?.

Aos alumnos de 2º deronlle a benvida ao club das 99. Souperon os requisitos para pilotar unha avioneta, construiron o seu propio aparello a través da papiroflexia e debuxaron o mapa que lles axudou a descubrir onde foi Amelia Earheart.

Onde está Amelia Earhart? é un obradoiro-contada onde cada participante creou a súa propia historia sobre o paradoiro da aviadora a un tempo que descubreu a vida de Earhart.

Ler conta moito 2º

domingo, 8 de octubre de 2023

¿Quién vive en la piña debajo del mar?


¿Quién vive en la piña debajo del mar?... Comeza a coller forma un proxecto teatral interdisciplinar que se levará a cabo este curso entre varias materias de secundaria...Estade atentos! ⌛🎭

viernes, 6 de octubre de 2023

jueves, 5 de octubre de 2023

2ª edición do concurso ESTÁ DE MEDO !!

Comezamos coa 2ª edición do concurso ESTÁ DE MEDO

Aquí tedes as bases tanto para Infantil e Primaria como para Secundaria


lunes, 2 de octubre de 2023

Ler conta moito: Contacontos musical

Hoxe os alumnos de 1º curso de Primaria baixaron á Biblioteca Municipal para escoitar o escritor R. J. Peralta e á ilustradora Blanca Millán contando e cantando os seus contos "As filloas de Manola" e "Acouga Babau" e "O maio".

Unha actividade dinámica e participativa na que, a través de varios álbums ilustrados, contaron, conversaron e cantaron  de temas como a tradición das filloas, o labor dos avós nas nosas familias e a amizade.