Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

miércoles, 31 de octubre de 2018

Os nosos gañadores do Samaín.....

Cartel gañador de Lara Blanco

"Non xogues" 1º premio 5º e 6º de E.P.


"Con secuencias" 1º premio ESO

"O samaín en Infantil" 


"O colexio en Samaín" 



"Teatro Samaín 2018"

"Un ollo de vidro"


"E F Enfeitizada s"



Relatos gañadores
Relato gañador da modalidade de 3º e 4º de E. Primaria: "O esqueleto do Samaín", de Tomás Melón Rodríguez
Relato gañador da categoría de 5º e 6º de E. Primaria: "O trasno de San Xulián", de Helena García Tocino
Relato gañador da categoría da categoría da ESO: "Conta atrás", de Blanca García Mosquera de 2º ESO A

jueves, 25 de octubre de 2018

Flipa con contos...Mar adiante


Tocoulle a quenda aos alumnos de 5º e 6º de E. P.
 O contacontos foi Fran, xunto coa súa marioneta, a señora Filipa.
Narración, teatralización, musicalización....A protagonista é María Victoria Moreno e o seu libro “Mar adiante”, adaptando contos incluídos nesta obra e contos populares, sen esquecer, a música en directo, “conto-cantados”, xogos e ...bo humor.






miércoles, 24 de octubre de 2018

Día da biblioteca






Día da biblioteca

Os alumnos de 1º e 2º de ESO foron á biblioteca municipal para conmemorar o día da biblioteca. “Autores da literatura de ciencia ficción e científicos” conflúen neste obradoiro e danlle forma a unha actividade para comprender o concepto de flotabilidade. Jules Verne, Arquímedes e Antonio Sanjurjo Badía introdúcenos na idealización e construción dun submarino. Unha actividade ideal para promover o interese pola lectura, a ciencia e o traballo en equipo.


Obradoiro de submarinos

viernes, 19 de octubre de 2018

Comechíns, segundo prato

O mércores foron os alumnos de 3º e 4º de E.P. á biblioteca municipal. Neles mergulláronse nun mundo imaxinario no que descubriron como a lectura pode abrir o apetito…E sobre todo, que cousas convén comer para sacialo.








miércoles, 17 de octubre de 2018

Big van ciencia


Sónanvos os seguintes termos?
Pseudociencias, biotecnoloxía, crispr, big van ciencia, unidade de información, código blinario, bit, comunicación electrónica, habilistoso, homo habilis, conocimiento científico, dogma científico, experimento, Heidi Lamar y el wifi, a enerxía non se gasta solo se transforma……..
Os departamentos de ciencias do colexio organizaron unha charla científica na biblioteca e viñeron tres monologuistas de Big Van Ciencia.
Impresionante!!!!


Big van ciencia

jueves, 11 de octubre de 2018

Libros para coidar a terra

A ciclobiblioteca chegou á biblioteca municipal cargada con libros para coidar a terra e co ciclobibliotrecario Anxo Moure que lles contou aos alumnos de Infantil 4 e 5 anos do colexio historias dos seus libros que lles ensinaron a amar e coidar a terra.Libros para coidar a terra

viernes, 5 de octubre de 2018

Unha árbore vén a vernos

Os nenos de Infantil 3 anos foron á biblioteca municipal para ver as árbores que chegaron.  Os teixos, os freixos, as bidueiras, as  aciñeiras, os buxos…, viñeron para contar as súas historias, para aprender a abrazalas, a coidar bosques, fragas, soutos…, para plantar  unha árbore que conte  contos, en defensa do futuro.

Unha árbore ven a vernos