Os alumnos de 1º e 2º de ESO foron á biblioteca
municipal para conmemorar o día da biblioteca. “Autores da literatura de
ciencia ficción e científicos” conflúen neste obradoiro e danlle forma a unha
actividade para comprender o concepto de flotabilidade. Jules Verne, Arquímedes
e Antonio Sanjurjo Badía introdúcenos na idealización e construción dun
submarino. Unha actividade ideal para promover o interese pola lectura, a
ciencia e o traballo en equipo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario